ENCONTRO COS VETERANOS DOS ANOS SETENTA

Quedábanos unha espiniña cun acto por realizar desde  celebración do 75º Aniversario que, por todo o que pasou nos anos 2020-2022 non puidemos levar adiante. Pois tiñamos pensado xa entón reunir a aqueles montañeiros do club que nos anos setenta marcaron unha excelente etapa deportiva na nosa entidade.


Primeira ascensión galega pola Oeste do Urriellu (Naranjo de Bulnes) e grandes actividades nos Alpes; Dent du Géant, Grandes Jorasses, Aiguille de Gûter, Mont Blanc e outras. .

 

E tamén no Atlas Marroquí; Couluar de Tiskim, Macizo de Biguenoussine, Diente del  Tadat, onde  realizaron vías de primeira nacional.

 

 

Houbo algún máis daqueles mozos que non puidemos ver non club este pasado venres día 17, pero estamos moi satisfeitos, e eles tamén, de xuntarnos e comentar dúas películas recuperadas de gravacións en “super 8” da escalada no Urriellu, ano 73, e nos Alpes no 74 .

Connosco estiveron Tito, Carlos Marcuño, Ñete,  Antonio Cancelo, Raúl Lamarca, Freixeiro,  Moncho Davila, Geni, Antonio Fariña, de quen deixaron moi claro que foi ou o seu “pai e guía” en todas as súas aventuras e o grande impulsor das mesmas, cas “broncas necesarias” polo medio, e Paco Martínez. Os podedes ver nunha imaxe do grupo acompañados de Carlos Garrido e Lois Faro.

Entrañable xuntanza, cincuenta anos despois, destes homes que, en palabras de Geni, a única muller presente, a montaña marcou ás súas vidas e o transcorrer das mesmas, mentres a  amizade daqueles anos está  moi viva, como puidemos comprobar. Moitas grazas por compartila connosco.

FOTOS Y TEXTO DE CARLOS GARRIDO

Podedes ver algunhas imaxes AQUÍ

Coñecendo o río Tuela 11 e 12 marzo

O río Tuela era ata agora un gran descoñecido para moitos de nós.  Este “fillo” do Douro nace na vertente leste da Serra Segundeira, no Parque Natural do Lago de Sanabria.

Pois agora xa podemos confirmar que para os participantes da actividade do pasado finde, 11 e 12 de marzo, foi o gran protagonista e gañou con mérito o noso aprecio e admiración pola paisaxe que ao longo dos anos foi deseñando entre terras galegas, zamoranas e o noso veciño Portugal.

 

Si o sábado o percorrimos augas abaixo entre Hermisende (Zamora) e Moimenta, xa en Portugal, o domingo un grupo o faría augas arriba dende  Chanos  cara o seu nacemento preto do Xistral (1768 m), o cume dese día. Mentres camiñábamos cara o norte na procura do cume podíamos escoitar o seu ruxir cada vez máis encaixado e sonoro,  saltando entre fervenzas, mentres descendía pleno de vitalidade dende o alto da serra.

 

Tamén o domingo, nunha ruta máis tranquila, outros compañeiros, saindo desde Barjacoba chegaron ao cumio do Beseo (1652 m) para baixar a Porto nun fermosísimo percorrido entre estas dúas localidades zamoranas.

Atopamos Porto, localidade zamorana a cal se chega por carretera so dende Galicia, moi reconstruída e cos tellados novos e ben pavimentada pero, con todo, máis deshabitada e dos tres bares que coñecimos hai bastantes anos, tan so un mantense aberto. Moitas actividades montañeiras tiveron o seu inicio ou final neste pobo e por iso está e estará na mente dos montañeirios que pasearon polas súas rúas e falaron nalgún momento cas súas xentes.

Podedes ollar máis fotos AQUÍ.

ASEMBLEA ORDINARIA E CEA HOMENAXE AO SOCIO

 

O venres 3 de marzo tivemos asemblea ordinaria onde asistiron 35 socios. Aprobáronse as contas por unanimidade. Fixose un resumo das actividades do ano 2022 para posteriormente pasar a rogos e preguntas. Asamblea onde o bo ambiente foi o protagonista.

 

O sábado no Hotel Coia como cada ano celebramos a Cea Homenaxe ao socio. Este ano cumpriron 25 anos de socio Rogelio Otero, Mercedes Román, Nacho Pequeño, Mª Teresa Alonso e Tomás Campo.

Nesta ocasión tamén tiverón un pequeño agasallo e o noso agradecemento polo seu labor o club os exdirectivos Alfredo Fernández, Telmo Costas, Requejo, Grova e o expresidente Carlos Garrido.

Agradecer a Nacho Pequeño e Carlos Garrido polas fotos de estas duas actividades sociais.

Todas as fotos aquí

Dia Internacional dos Bosques: 25 marzo

O sabado 25 imos facer unha plantación duns 60 castiñeiros.
Será no concello de covelo e contaremos coa axuda da comunidade de montes da zona. Eles poñen o terreo e as árbores e algunha ferramenta tamen.
É unha actividade soamente de mañan é totalmente de balde.
Non faremos ruta, pero se o tempo acompaña e alguen quere quedar a comer por ali… Non hai problema.
Contamos convosco. 

Os esperamos!!!

URRIELLU 73, ALPES 74

Charla -Proxección  venres 17, ás 20.30 horas no local social
Antonio Fariña, Raúl Lamarca, Ramón Davila e Paco Martínez compoñían un fantástico grupo de escaladores e alpinistas na decada dos 70. Con eles imos rememorar aqueles anos e poderemos ver dúas ascensións recuperadas de peliculas gravadas en «super 8» que agora temos en formato dixital
NON FALTEDES!!!

II Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático – Cidade de Vigo

Como xa sabedes, este ciclo naceu no ano 2022 como iniciativa do noso club co obxectivo de sensibilizar aos socios e socias e o público en xeral na defensa do medio ambiente.

O ano pasado tivemos a sorte de contar con Sebastián Álvaro (aventureiro e escritor), Ricardo Beiras e Emilio Fernández (catedráticos en Ecoloxía pola UVigo) falándonos do misterio do primeiro ascenso ao Everest, da problemática dos plásticos no océano e do actual contexto de cambio climático, respectivamente; o éxito marcouno o público cunha media de 150 participantes durante as tres xornadas. Este ano, o listón non está fácil de acadar aínda que no noso ánimo e no das tres poñentes está conseguilo.

Ademais, durante todo o período de organización puxemos moito empeño en que as poñentes deste IIMMCC fosen tres mulleres. Somos conscientes da falta de referentes femininos, tanto no mundo do deporte de alto rendemento como nos altos cargos en materia de investigación.

Podedes ollar un anticipo do que imos vivir os días 21, 22 e 23 no seguinte video

(123) Ciclo Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático 2023 (IIMMCC) – YouTube

A continuación, describimos como discorrerán as tres xornadas desta edición:

Na primeira xornada, adicada á Montaña, contamos cun gran referente da escalada e do alpinismo a nivel mundial, a deportista catalá Silvia Vidal. As expedicións de Silvia supoñen o encontro puro entre un ser humano e a natureza, sen aditivos tecnolóxicos. Un encontro solitario, libre e natural, íntimo, no que a maxia desta xenial escaladora aflora, demostrando fortaleza física e mental para convivir coa montaña e o seu espazo nos días previos á intrépida aventura. O Himalaya (India), Karakorum (Pakistán), a Isla de Baffin (Canadá), a Cordillera Blanca (Andes, o Perú), a Patagonia (Arxentina e Chile), o Main de Fatma (Mali, África), Turquía ou Tailandia forman parte deses lugares únicos onde Silvia recrea a súa destreza singular que a fai única.

Entre os seus galardóns destacan a Medalla de ouro da Real Orden del Mérito Deportivo en 2022, o Piolet D’Or en 2021, ademais de que o pasado 23 de febreiro Silvia foi nomeada Miembro de Honor de la Sociedad Geográfica Española. Un novo e merecido recoñecemento ás virtudes que reúne esta muller. Coa presentación de “Alaska en solitario” deleitarémonos cos seus grandes valores, tanto humanos coma deportivos.

Para a xornada seguinte, adicada ao Medio Ambiente, abordaremos a problemática dos  incendios,  facendo especial fincapé no que a nosa terra viviu o último ano. Teremos connosco  a Jenifer Souto, enxeñeira forestal pola Universidade de Vigo, membro de ADEGA e experta no estudo dos incendios forestais.

Tras a presentación do corto documental “O Son do Courel”, J. Souto, falaranos do pasado, presente e futuro dos incendios forestais en Galicia. As grandes secas cada vez máis cotiás, as intensas treboadas e a mala organización fan un cóctel máis que adecuado para que as vagas de lume se fagan eco na nosa contorna. A temática require ser abordada con carácter urxente por mor deste contexto de inestabilidade climática no que estamos inmersos.

Na derradeira xornada, falaremos de Cambio Climático con Mª Fernanda Pita, profesora titular xubilada de Xeografía pola Universidade de Sevilla. A investigadora, durante a súa charla “Emergencia climática: Lo estamos haciendo bien?”, porá en entredito a estratexia que estamos a seguir, dende quen toma as decisións ata quen debe ser verdadeiramente o axente de cambio. Un tema que desgraciadamente non pasa de moda.

Agardamos que esta edición sexa de agrado e teña tanto éxito coma a pasada. Contamos co apoio da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo, coa UVigo, a través da Oficina de Medio Ambiente e da Área de Benestar, Saúde e Deporte e tamén coa FEDME e a FGM, xunto con outras entidades que seguen a colaborar con nós neste proxecto de difusión medioambiental. Tamén queremos agradecer a Manuel López, Bertrand Delapierre e Emilio Romanos Fotografía pola cesión dos seus vídeos e imaxes.

VÉMONOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO O 21, 22 E 23 ÁS 20:00H. ENTRADA GRATUITA ATA COMPLETAR AFORO.

Cristina Fernández González, vogal de Medio Ambiente

Ruta do contrabando – 26 de febreiro do 2023

Coñécese a raia húmida como a liña que separa a Galicia de Portugal pola presenza dos ríos Miño e Trancoso (tamén coñecido como Barxas). Este último, polo seu escaso caudal, e a facilidade para cruzalo, nalgúns casos badeando, noutros con pequenas pontes de apenas un par de metros, foi un lugar onde en anos de escaseza se levou a cabo o contrabando de produtos diversos. Ata alí nos levaron os nosos pasos, percorrendo a fina liña que separa os dous países.

A mañá comezou fría, pero o sol rapidamente nos acompañou durante toda a ruta. Comezamos no mirador do embalse de Frieira e camiñamos río arriba a a través dun precioso bosque de ribeira.

 Puidemos ver numerosos muiños e percorremos parte das súas levadas, que antes os abastecían e agora son so un recordo dos mesmos.

Unhas escadas nos separaron do cauce do río para achegarnos ata o punto de retorno en Ponte Barxa.

Ao regreso desviámonos para pasar pola pequena poboación de Notaria.

Case na desembocadura entramos no país veciño pola pequena aldea de Cevide, onde puidemos ver a estatua do contrabandista e camiñamos polas súas pasarelas, que nos levaron ata o punto de Portugal que se atopa máis ao norte.

Completamos a nosa actividade coa visita ao museo da Memoria e a Fronteira de Melgaço, onde puidemos ampliar coñecementos desta raia húmida e o modo de vida dos seus habitantes.

 

Podes ver o resto das fotos aquí

Mulleres para traer ao presente

Son moitas, moitas máis das que nun principio puideramos imaxinar. E, certamente, temos que utilizar esta palabra “imaxinar”, destinada para referirse a sucesos ou cousas que non existen, cando queremos pensar en destacar a mulleres cun papel na historia que tería que ser coñecido e valorado por todas e todos. Non deberiamos ter que  imaxinar nin supoñer  se  o noso coñecemento fose máis amplo como consecuencia de que estas grandes mulleres, que as hai en todos os ámbitos da vida,  tiveran no seu momento o merecido recoñecemento e a posterior divulgación da súa valía ou aportación á sociedade.

Lamentablemente non é así, e continuamos atrapados na ignorancia coa que fomos “educados” deixando atrás coñecementos e feitos que, de telos recibidos axeitadamente e no seu momento, hoxe xa teríamos moito camiño andado e viviríamos cara a unha sociedade máis xusta e equilibrada. Cando aínda andamos nestas é que, intencionadamente ou non, algo fixemos mal.

Con esta breve reflexión quero facer unha pequena aportación, para dar a coñecer a mulleres cuxa aportación á sociedade segue sen ser suficientemente coñecida, e recoñecida tamén.

HEDY LAMARR (Austria 1917- EEUU 2000)

Enxeñeira, inventora e famosa actriz de Hollywood, os seus descubrimentos permitiron o desenvolvemento do WIFI. Era considerada unha das actrices máis belas do mundo e a inventora do sistema de comunicacións denominado “técnica de transmisión no espectro alargado” no que se basean todas as tecnoloxías inalámbricas de que dispoñemos na actualidade. Actriz, enxeñeira de telecomunicacións e inventora cuxo encanto e elegancia eclipsou as súas outras facetas.

 Carlos Garrido

Fonte de información: Universidade Politécnica de Madrid.

PINCHAR AQUÍ.