RUTA POLAS PASARELAS. SISTELO 26 XANEIRO

Unha das mañás máis frías do ano, con apenas 2 graos positivos de temperatura, deunos a benvida no val do río Vez. Por diante, nos esperaban pasarelas, pozas e fervenzas no cada vez máis encaixonado río, camiño de Sistelo.

Xa nas proximidades da aldea, comezamos a ver os primeiros socalcos e o sol favoreceu o seu disfrute mentres ascendiamos camiño das brandas (vegas de pastores).

Nas zonas altas do monte atopámonos camiños encharcados, bosques de falsos cipreses e chozos de pastores.

 

 

Logo dun xantar preto da Brandada do Río Covo, comezamos o descenso acompañando ao río, gozando das pozas, tobogáns e fervenzas que se nos presentaban na paisaxe.

 

En definitiva, un día estupendo, unha ruta inmellorable e unha compañía coa que merece a pena calquera ruta.

Lugar aconsellable para explorar.

 

Máis fotos aquí

RUTA BICICLETA DE MONTAÑA DO DÍA 22 DE XANEIRO DO 2023

 

O domingo 22 saímos dende Chan do Cereixo en Belesar para facer unha ruta circular pola Serra da Groba, pasando polo Curro de San Cibrán, Abrollido, o Colexio de Belear, Chan da Lagoa, Torroña e volta, acortamos un pouco a ruta prevista, quedou en 29 km cun desnivel de 631m o cual agradecimos os que ibamos mais desentrenados.

                             

Disfrutamos dun día de sol despois de tanta choiva, as pistas e camiños a pesar de estar bastante enchoupados estaban practicables, eso sí, cascatas e ríos por todas partes.

                       

Rematamos en Casa Paco en Torroña cun cocido e postres para lembrar.

Recordarvos que a próxima ruta o 26 de febreiro tamen será pola Serra da Groba, nesta ocasión iremos ate as pozas de Lourenza.