LEITARIEGOS 11 e 12 febreiro

Redonda, con esta palabra podemos resumir a pasada saída á neve do clube. En verdade pagou a pena o madrugón con que os máis pequenos comezaron esta aventura.

Dado que o sábado chegamos xa a unhas horas moi tardías para poder gozar do ski, o noso compañeiro Tomás deseñou unha bonita ruta de 10 kmts saíndo de Valdeprado e percorrendo uns preciosos bosques salpimentados de neve, auga e lugares de postal tal e como podedes ver nas fotos. Unha vez chegados ao pobo de Degaña esperamos o bus e xa marchamos ao Albergue de Villablino, todo un luxo de instalación e de trato por parte do personal.

O domingo voltamos a levantarmos cedo para saír coma foguetes cara a estación de Leitariegos. Logo de facer unha pequena cola compramos os Forfaits para os remontes e tamén alugamos o material de ski. Compre dicir que  o día anterior, a nosa compañeira Paz deixou reservadas dúas horas de clase para os rapaces… E alí foron os nosos cativos, cheos de ilusión e entusiasmo para estrearse neste deporte. Nalgúns casos era a primeira vez que pisaban unha estación de ski e por suposto  calzabanse unhas botas e unhas táboas.

… E despois de estas clases comprobamos porque moitas cousas hai que facelas de pequenos. Os pais e nais ollabamos como os nosos cativos baixaban soíños polas pistas de iniciación sen maior dificultade, facendo eses e subindo e baixando unha e outra vez…  As 16:00 arrancabamos para Vigo…. Sabedes cal era a frase máis repetida, non?… Cando voltamos??

Fotos aquí

PROXECCIIÓN E CRARLA: EXPEDICIÓN AOS ANDES

O venres 24 febreiro no local social as 20:00 horas os nosos socios Rafael Suárez e Augusto Vila nos contarán a súa experiencia polos Andes Peruanos que durante un mes e medio recorreron con cumes como o Diablo Mudo de 5.350 metros e outras cousas que nos contarán acompañadas dunha proxección de fotos.

Non volo perdades!!

 

BO CAMIÑO, ÁNGEL:

Este domingo 19 deixounos o noso socio e ex vogal de sendeirismo na etapa de Pedro Outón como presidente.
Os que o coñecemos puidemos disfrutar da súa bondade e dunha das súas pasións que eran as cartas. Nas viaxes longas botaba largas partidas no bus.
Dar as grazas a Lucía Cerdeira, Pedro Outón e Cristina Martín Calvera que coidaron e estiveron sempre con él ata o último día.

RUTA POLAS PASARELAS. SISTELO 26 XANEIRO

Unha das mañás máis frías do ano, con apenas 2 graos positivos de temperatura, deunos a benvida no val do río Vez. Por diante, nos esperaban pasarelas, pozas e fervenzas no cada vez máis encaixonado río, camiño de Sistelo.

Xa nas proximidades da aldea, comezamos a ver os primeiros socalcos e o sol favoreceu o seu disfrute mentres ascendiamos camiño das brandas (vegas de pastores).

Nas zonas altas do monte atopámonos camiños encharcados, bosques de falsos cipreses e chozos de pastores.

 

 

Logo dun xantar preto da Brandada do Río Covo, comezamos o descenso acompañando ao río, gozando das pozas, tobogáns e fervenzas que se nos presentaban na paisaxe.

 

En definitiva, un día estupendo, unha ruta inmellorable e unha compañía coa que merece a pena calquera ruta.

Lugar aconsellable para explorar.

 

Máis fotos aquí

RUTA BICICLETA DE MONTAÑA DO DÍA 22 DE XANEIRO DO 2023

 

O domingo 22 saímos dende Chan do Cereixo en Belesar para facer unha ruta circular pola Serra da Groba, pasando polo Curro de San Cibrán, Abrollido, o Colexio de Belear, Chan da Lagoa, Torroña e volta, acortamos un pouco a ruta prevista, quedou en 29 km cun desnivel de 631m o cual agradecimos os que ibamos mais desentrenados.

                             

Disfrutamos dun día de sol despois de tanta choiva, as pistas e camiños a pesar de estar bastante enchoupados estaban practicables, eso sí, cascatas e ríos por todas partes.

                       

Rematamos en Casa Paco en Torroña cun cocido e postres para lembrar.

Recordarvos que a próxima ruta o 26 de febreiro tamen será pola Serra da Groba, nesta ocasión iremos ate as pozas de Lourenza.