BTT POLA BEIRA DO AVIA

O pasado sábado 17 de decembro saímos dende o Balneario de Prexigueiro para percorrer a beira do río Avia ata Pazos de arenteiro, a maior parte
do precurso segue o GR que leva dende Ribadavia ata Leiro. É un sendeiro sen nengunha dificultade técnica, moi ciclable e ben sinalizado.
Atravesa Francelos e Ribadavia polo parque da Veronza, descorre pola marxe esquerdo pasando pola ponte medieval de San Clodio e cruza no
parque do Salgueiral ata Leiro pola Ponte das Pedras. Dende alí seguimos pola OU-0414 ata Pazos de Arenteiro dando a volta en cruzando o Avia
polas ruinas da Ponte da Cruz. A Praza do Cruceiro de Leiro é un excelente sitio para facer una parada técnica e tomar un café para afrontar a volta.
A paixase é a típica vexetación de ribeira na que poidemos avistar varias especies de aves como o cormorán e a garza.
O tempo foi bó, a pesar da ameaza de choiva, a temperatura propia do mes de decembro.