Actividade Castro de Troña- Castelo de Sobroso- Alto da picaraña

O pasado domingo 20 un grupiño da sección infantil achegámonos o xacemento arqueolóxico do castro de Troña no concello de Ponteareas con fin de iniciar unha andaina que nos levaría ata o alto da Picaraña, pasando antes polo castelo de Sobroso.

No citado castro percorrimos o seu perímetro cheo das vivendas que compoñían o poboado así como as murallas que defendían o asentamento. Para quentar motores os rapaces non pararon ata localizar a famosa pedra da serpe… aquel gravado ten certo alo de misterio que algúns estudosos relacionan cun culto solar.

De alí a un pouco continuamos camiñando uns quilómetros ata chegar o castelo de Sobroso onde tiñamos reservada unha visita guiada a cal ensinounos a función do  castelo tanto dende o punto de vista histórico como da súa reconstrución. Debido a intensa néboa reinante non puidemos desfrutar das fermosas vistas dende a torre…  unha mágoa.

   

Una vez rematada a visita paramos un ratiño a xantar para a continuación visitala senda botánica que rodea o castelo.  O noso compañeiro Raimundo fixo de guía improvisado amosándonos có seu bon facer unha morea de cousas.

Uns cantos ktms. mais tarde chegamos por fin o alto da Picaraña, onde nos esperaba o bus para devolvernos a Vigo.

Fotos aquí

Adiós, ríos; Adiós, fontes; Adiós, regatos pequenos.

O sentido poema de Rosalía non tiña  cabida na nosa actividade do pasado día 27 pola Peneda e Alto Vez en Portugal.

Os ríos baixaban a rebentar, as fontes botaban por fora e os regatos…como ían os regatos!!!

Xa estaba anunciado que, precedentes aparte por esta zona, había que ir preparados para pormos a remollo,  e así foi desde o principio.

Saímos dende S. Bento do Cando no medio dunha poalleira a modo de “aperitivo”.  De alí a pouco un traspés inoportuno cunha pedra esvaradiza deu co noso amigo Grova metido de cheo, do pescozo para abaixo, nun dos moitos regatos que atravesamos tras  inestables equilibrios  e pasos dificultosos que, salvo nesa ocasión, pasamos sen excesivas dificultades pero foron moitos, iso si, un tras outro ao longo do día.

                         

 

Todo isto non foi impedimento para disfrutar moitísimo duns camiños fermosos, outrora importantes vías de comunicación na contorna do santuario da Peneda. 

Pagará a pena que en algún momento que poidamos repetir este percorrido pois quedounos a todos unha sensación de ter pasado unha excelente xornada sendeirista, con auga, iso si, pero marabillosa. Se chove…deixa chovere.

Quedan máis etapas no Alto Vez que non deberamos perder así caian chuzos.

Máis fotos aqui