Semana do 28 de novembro ao 2 de decembro. Programa de actos 25N organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo

Lembramos as actividades que terán lugar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro, no marco do PROGRAMA DE ACTOS POLO 25NDía Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que organizamos desde a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo.

 


.- Martes, 29 de novembro, ás 20:00 h. Proxección das curtas con coloquio posterior coa directora e director:

» Miente « de Isabel De Ocampo. 2018. 15 minutos

» 16 de decembro» de Álvaro Gago. 2019. 14 minutos

 

Lugar: Salón de actos do museo MARCO (Rúa do Príncipe)

Entrada libre ata completar a capacidade do local

 

.- Mércores 30 de novembro e xoves, 1 de decembro .Xornadas formativas 25N Vigo «Libres e feministas contra as violencias machistas»

. Relatorio «Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual». NATALIA TEJERA BEAMUD

. Mesa redonda «Programas municipais de prevención e atención da violencia de xénero dirixidos á infancia e á mocidade». MAR SOTO GARCÍA e CELIA CAMESELLE TABOADA

. Relatorio «Violencias machistas e os bulos nos medios de comunicación». ANA ISABEL BERNAL TRIVIÑO

. Relatorio «Detección da violencia de xénero na atención primaria de saúde». ROSANA IZQUIERDO FERNÁNDEZ

Mesa redonda « Por que son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación«. ROSA COBO BEDÍA e AMELIA TIGANUS

Xornadas presenciais. Inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario que se adxunta (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org

Lugar Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.

 

.- Venres, 2 de decembro, ás 20:00 h. Actuación musical «A banda da loba»

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.

Entrada libre ata completar a capacidade do local

Mais información na nosa web www.igualdadevigo.org e facebook «IgualdadeVigo»

 

En arquivos adxuntos podedes descargar o programa completo de todos os actos e tamén o programa específico das xornadas formativas que terán lugar o día 30 de novembro e 1 de decembro e necesitan inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org

 

Agradecemos a difusión desta información entre os vosos contactos e amizades.

Enlace ao Díptico Xornadas