SERRA SALVADA (ORDUÑA) 8, 9, 10 Y 11 DECEMBRO
Todavía queda plazas para esta actividad del puente de diciembre.
No te la pierdas!!!!
Todavía queda plazas para esta actividad del puente de diciembre.
No te la pierdas!!!!
Lembramos as actividades que terán lugar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro, no marco do PROGRAMA DE ACTOS POLO 25N. Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que organizamos desde a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo.
.- Martes, 29 de novembro, ás 20:00 h. Proxección das curtas con coloquio posterior coa directora e director:
» Miente « de Isabel De Ocampo. 2018. 15 minutos
» 16 de decembro» de Álvaro Gago. 2019. 14 minutos
Lugar: Salón de actos do museo MARCO (Rúa do Príncipe)
Entrada libre ata completar a capacidade do local
.- Mércores 30 de novembro e xoves, 1 de decembro .Xornadas formativas 25N Vigo «Libres e feministas contra as violencias machistas»
. Relatorio «Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual». NATALIA TEJERA BEAMUD
. Mesa redonda «Programas municipais de prevención e atención da violencia de xénero dirixidos á infancia e á mocidade». MAR SOTO GARCÍA e CELIA CAMESELLE TABOADA
. Relatorio «Violencias machistas e os bulos nos medios de comunicación». ANA ISABEL BERNAL TRIVIÑO
. Relatorio «Detección da violencia de xénero na atención primaria de saúde». ROSANA IZQUIERDO FERNÁNDEZ
. Mesa redonda « Por que son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación«. ROSA COBO BEDÍA e AMELIA TIGANUS
Xornadas presenciais. Inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario que se adxunta (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org
Lugar Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.
.- Venres, 2 de decembro, ás 20:00 h. Actuación musical «A banda da loba»
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Mais información na nosa web www.igualdadevigo.org e facebook «IgualdadeVigo»
En arquivos adxuntos podedes descargar o programa completo de todos os actos e tamén o programa específico das xornadas formativas que terán lugar o día 30 de novembro e 1 de decembro e necesitan inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org
Agradecemos a difusión desta información entre os vosos contactos e amizades.
Enlace ao Díptico Xornadas

O último número da revista Galemys1, editada pola Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos (SECEM) publica o estudo de seguimento da lebre ibérica no sur da Dorsal Galega, concretamente nas serras do Suído e do Faro de Avión. Un estudo de moitos anos de recollida de datos da presenza desta especie, catalogada de interese cinexético.
Pode ser que as imaxes que veñan á cabeza sexan as dos documentais de caza onde os galgos as perseguen á carreira. Pero o certo é que a lebre ten representación na península ibérica con tres especies diferentes, sendo a lebre ibérica (Lepus granatensis Rosenhauer, 1856), amosada na foto de portada, a máis abundante e a de maior distribución. En Galiza a lebre ibérica a podemos atopar en altitudes que van dende o nivel do mar ata os 1.200 m; en prados, campos de cultivo e bosques caducifolios ou mixtos. Tamén está presente en páramos con vexetación de matogueira, herbáceas e fentos. E por isto, as serras do sur da Dorsal Galega son unha área xeográfica adecuada para os modelos de favorabilidade ambiental.
Foto 1. Hábitat favorable no sur da Dorsal Galega. Serra do Suído. Fonte: Cedida polo autor.
Ao ser unha especie cinexética, e dicir, que pode ser cazada, o seguimento das poboacións e dos factores que inflúen na súa dinámica fanse imprescindibles. Desta forma se coñece a súa tendencia no tempo e debería garantir a súa conservación e estabilidade da especie e poboacións. Así, en Galiza a súa caza está vedada dende o ano 2008, a excepción dos TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) societarios nos que exista un proxecto de ordenación cinexético e o seu aproveitamento sexa contemplado como viable2.
Os protagonistas desta publicación son os Axentes Ambientais do Distrito XVII Condado-Paradanta do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente. Eles foron os que no ano 2006 tomaron a decisión incluír, nas súas tarefas anuais de vixilancia do patrimonio natural, un censo estacional das lebres ibéricas de 3 serras, o Suído, o Faro de Avión e o Montouto-Paradanta, que posteriormente quedou limitada ao Suído e o Faro de Avión por non detectar presenza na terceira das serras. Atención ao dato, son 14 anos de datos ata o momento da análise no 2020, sen que ninguén lles obrigue, por motivación profesional destes Axentes e gardas cun alto compromiso.
Foto 2. Hábitat favorable no sur da Dorsal Galega. Serra do Suído. Fonte: Cedida polo autor.
E como se fai unha estimación da densidade de lebres nunha serra? Pois deseñando un percorrido polos hábitats favorables e contando as lebres que atopas nese percorrido. O deseño é algo mais complexo, xa que o percorrido debe facerse en vehículo e de noite, con focos de luz de moito alcance revisando as veiras dun percorrido que sempre é o mesmo en cada serra. Ademáis, se debe facer en dous días consecutivos e en cada estación do ano. En cada noite de censo tómanse as variables de temperatura, vento, chuvia, e nubosidade. Tamén a distancia de observación das lebres. Foron un total de 1.219 km na serra do Faro de Avión e 1.269 km na serra do Suído.
Foto 3. Xornada de mostraxe. Fonte: Cedida polo autor.
Aquí é onde entramos Gonzalo Mucientes (Biólogo-CSIC), Santiago Barciela (Biólogo), e eu para recoller todo ese esforzo de traballo e darlle filtrado e sentido analítico. Fixemos uns cálculos da densidade relativa mediante o IKA (índice quilométrico de abundancia) das lebres, coas súas medias e desviacións típicas. Atopamos tendencias diferentes entre ambas serras, con anos moi diferentes. Con oscilación da densidade ao longo do tempo. Tamén recoñecemos que as estacións de verán e outono son as de maior observación de individuos. As densidades son semellantes as referidas na serra veciña do Xurés, entre 0,07 e 0,30 ind/km para o Faro de Avión (x= 0,18 ± 0,06 ind/km), e entre 0,02 e 0,22 ind/km para o Suído (x= 0,07 ± 0,06 ind/km). Nós consideramos que son valores de abundancia críticos e creemos na necesidade de seguir adoptando medidas inmediatas de conservación nestas dúas serras.
Cal é a importancia destes estudos? Son varias as razóns de peso, ademais da difusión científica. Primeiro aporta coñecemento da especie. Segundo, delata a importancia de plans de caza dos respectivos TECOR actualizados, xa que están obrigados a realizar estimacións e cuantificacións das poboacións dos seus territorios (DOGA 2020)2. Terceiro, desvela a responsabilidade das administracións competentes para incentivar e manter este tipo de mostraxes coa axuda de Axentes especializados no medio natural. Cuarto, permite o seguimento continuo da lebre ibérica, medida que posibilita actuacións de mellora do hábitat e a toma de decisións de conservación e de aproveitamento cinexético con maior eficacia e realidade.
E a importancia da lebre ibérica no ecosistema? A lebre ibérica xunto coa lebre de piornal (Lepus castroviejoi) son especies exclusivas da Península. O seu valor é inestimable. Sabendo que son tan «nosas» realmente queremos perder algo que é único? Si desapareceran por unha mala xestión cinéxetica ou por destrución do hábitat favorable contribuiríamos a perda de biodiversidade; o grande mal do século XXI. As lebres son especies base dos ecosistemas e son as primeiras en delatar problemas de conservación nos hábitats que elas ocupan. Neste sentido, resulta importante monitorizar e controlar o seu estatus de conservación, a súa saúde e o seu hábitat.
Quero aproveitar este artigo para destacar que este tipo de traballos semellan simples de concepción pero teñen un potencial terríbel de coñecemento a longo prazo. Esta labor é fundamental. Tedes que saber que o traballo continua no tempo, non rematou no 2020 e seguimos a recoller datos. E quero destacar e recalcar que este traballo foi froito da decisión voluntaria dos Axentes Ambientais do Distrito XVII do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, cos que teño a grande sorte de colaborar e convivir.
Agardo que esta labor se manteña no tempo, que tomen nota os dirixentes e políticos do que se pode facer con motivación e profesionalidade, polo ven do noso patrimonio natural e da sostibilidade dos territorios.
Julio Eiroa, Comité de Medioambiente.
Referencias bibliográficas:
(San Bento do Cando – Varzea)
Saída do vindeiro domingo 27 de novembro.
A saída será ás 8 horas de Praza de España.
Un ceo azul, unha pradeira verde, un cabalo descansando nela, qué paisaxe! Soa moi terrestre verdade? Pois tamén existe baixo o mar.
Normalmente pensamos que no mar só hai algas. Secasí, existen prantas mariñas. É dicir, vexetais superiores cun sistema vascular completo provistas de raíces, talos, follas, flores e sementes (Figura 1a). Ben é certo que non son abundantes e que precisan dunhas condicións adecuadas para o seu asentamento, iso sí, cando o fan, forman unhas paisaxes de pradeiras fermosas nas que podemos atopar moita vida (Figura 1b).
Figura 1: Morfoloxía dunha anxiosperma mariña (fonte: Brun e colaboradores1). b) Pradeira de Zostera marina na Ría de Vigo (fonte: facilitada polo autor).
A cobertura de pradeiras mariñas nos fondos costeiros non é máis do 0.15% e está únicamente levado a cabo por especies pertencentes a catro familias, das que tres son exclusivamente mariñas, todas elas presentes na costa española (Zosteraceae, Cymodoceaceae e Posidoniaceae). Nembargantes, a pesar do baixo número de especies, estos ecosistemas están considerados como un dos máis productivos do planeta xa que proporciona importantes servicios ecosistémicos, xogando un papel clave como especies inxeñeiras de ecosistemas, é dicir, que influen de maneira notable nos procesos físico-químicos e biolóxicos transformando a área na que habitan.
As pradeiras de anxiospermas mariñas atópanse relativamente a pouca profundidade e serven de protección a franxa litoral. O seu manto frea correntes e reduce a erosión do solo á vez que tamén serven de refuxio a moitos organismos mariños, sobre todo en etapas larvarias e xuvenís, dando coma resultado altos índices de biodiversidade na súa contorna. Un servicio ecosistémico a maiores moi importante no actual contexto de cambio climático é que actúan coma un gran sumideiro de carbono. Ao igual que as prantas na terra, grazas á fontosíntese as anxiospermas mariñas enterran carbono nas súas raíces2 onde pode pasar almacenado longos periodos de tempo. Ademais, grazas ao mesmo proceso de fotosíntese, estas pradeiras tamén osixenan a auga o que se volve aínda máis importante cando nos atopamos en zonas costeiras altamente amenazadas.
É un dos ecosistemas costeiros máis ameazados.
Na actualidade, máis dun terzo da poboación vive nos 100 km próximos á costa3, pero a medida que esta porcentaxe aumenta tamén o fai a presión que estes ecosistemas soportan. Entre as presións podemos nomear diversos factores que propician un cambio do habitat como a introducción de contaminantes e descargas de augas residuais, a introducción de especies exóticas e a degradación do solo por acción mecánica, entre outros.
En Galicia, contamos coa presencia de tres das cinco especies presentes no litoral español4. As dúas mais presentes son Zostera marina e Zostera noltii. Fáltanos Cymodocea nodosa, máis distribuída na costa Andaluza e Posidonia oceánica que habita únicamente na costa do mar Mediterráneo. Pero fixádevos o desapercibidas que pasan que, ata fai ben pouquiño, a súa distribución aínda non estaba catalogada. Para quen estea interesado podedes botarlle unha ollada a este atlas de distribución creado por investigadores de toda España en 2015, o capítulo VIII está adicado únicamente a Galicia4.
O gran número de estuarios das Rías Baixas, xunto ca hidrodinámica dos fondos das rías fan un enclave perfecto para que atopemos moi bos exemplares de zosterais. Sen embargo, estes fondos adoitan localizarse nas llanuras mareais preto a núcleos urbanos densamente poblados e sometidos polo tanto a grandes presións de orixen antropoxénico.
Na nosa contorna, os principais axentes de estrés pódense resumir en tres: i) a eutrofización debido ó aumento na concentración de nutrintes na franxa litoral por mor das descargas de auga, ii) a accións mecánicas sobre o fondo mariño e iii) as invasións biolóxicas.
Relativo o primeiro punto, a descarga de nutrintes sobre estas pradeiras é especialmente importante cando se trata de augas ricas en amonio, como son as augas residuais ou residuos de plantacións. Esto débese a que as anxiospermas (coma outros plantas e algas) incorporan o amonio directamente ao interior celular, sen ningún tipo de filtro ou tope, de modo que se acumula producindo unha toxicidade ben constatada xa polo equipo científico5.
No tocante ao segundo punto, accións mecánicas coma o dragado do fondo mariño, a modificación da línea de costa4 e, moi importante nas nosas rías, o marisqueo de certas especies de bivalvos que requiren do uso do raño6 (unha especie de rastrillo que se profundiza para coller o bivalvo levantando tamén todo o que no fondo exista, tanto dende embarcacións como a pé; mostrado na Figura 2) fan que a planta se rompa fragmentando estas pradeiras e provocando a perda dos servicios ecosistémicos mencionados enteriormente.
Figura 2. a) Raño arrastrado polo fondo mariño dende unha embarcación sobre unha pradeira de Zostera marina (Fonte: cedida por Carlota Barañano). b) Mariscadoras e mariscadores collendo bivalvos na zona intermareal sobre unha pradeira de Zostera noltii (fonte: Faro de Vigo7).
E derradeiramente, pero non menos importante, a preseza de especies exóticas con potencial invasor que limitan o crecemento das pradeiras pola súa mellor capacidade para compertir por luz, nutrientes ou espazo. Os casos máis documentados se refiren a especies de algas exóticas como Gracilaria vermiculophylla que ensombrece a pradeiras de Z. Noltii presentes na zoa intermareal4 ou como Sargassum muticum e Asparagopsis armata que cobren case por completo a pradeiras somerxidas de Z. marina4. Podedes comparar a imaxe dun ecosistema en bó estado (Figura 1b) coa imaxe de pradeiras invadidas por outras especies (Figura 3).
Figura 3. a) e b) Pradeira intermareal de Zostera noltii con Fucus spiralis y Gracilaria vermiculophylla, c) pradeira submareal de Zostera marina con Saccorhiza polyschides e d) con Sargassum muticum e Cystoseira baccata. Fotografías de Ignacio Bárbara tomadas do Atlas de praderas marinas de España4.
En conclusión, os motivos clave polos que debemos conservar estes ecosistemas resúmense na seguinte ilustración. A única forma de facelo é levando a cabo plans de xestión onde coexistan tanto a saúde do ecosistema como as actividades económicas que deles se extraen.
Pero… Existe algunha protección para este ecosistema?
A pesar de que hai varias iniciativas de xestión e conservación das anxiospermas mariñas no litoral galego, estamos moi lonxe de chegar o ímpetu co que se trata de protexer Posidonia oceanica no mar Mediterráneo por exemplo (basta con poñer en Google ‘coservación Posidonia’ para ver os resultados).
Un dos principais motivos de que non existan máis proxectos é o escaso coñecemento da súa distribución ao longo das últimas décadas. Así, resulta difícil coñecer cal é o estado actual ou determinar patróns de distribución espacial ao longo do tempo. Quero pensar, que a publicación do atlas en 2015 servirá de punto de inicio para novos proxectos de xestión.
Así e todo, distintas investigacións estanse a levar a cabo, a meirande parte encamiñadas a ver como afectan as actividades de extracción de recursos mariños comparando zonas afectadas polo marisqueo e zonas sen afectar8; así como a cartografiar máis detalladamente da súa distribución. E é que pouco se pode facer para conservar un habitat se nin siquera hai datos de onde está.
Un habitante moi curioso.
Como vos comentaba Patricia Quintas neste artigo de divulgación, as pradeiras de anxiospermas mariñas son o refuxio perfecto para estes peixes na ría de Vigo. Nelas, os cabalos de mar desenvolven o seu ciclo de vida completo, agóchanse entre as súas follas para pasar desapercibidos ante os seus predadores e vencen ás correntes agarradas a elas. Aquí tamén atopan parella, e curiosamente, o que queda “preñado” é o macho en vez da femia. A femia deposita os seus ovos no macho, quen os incuba ata que os expulsa mediante contraccións. Anímovos a que vexades este vídeo de National Geographic porque o fenómeno é, canto menos, curioso.
Figura 4. Foto de Hipocampus gutulatus camuflado na ría de Vigo. Fonte: cedido polo autor.
Anticípovos que o punto de mergullo para o noso bautismo, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, será un lugar onde é moi habitual observar cabalos de mar. Ide atentos! (se vos quedáchedes sen plaza nesta actividade avisádeme para ter en conta un terceiro grupo). Espero que este texto vos abra o apetito para somerxervos baixo as augas da Ría.
Vémonos no mar!
Cristina Fernández González, vogal de Medio Ambiente.
Referencias bibliográficas e artigos relacionados
1 Brun, F.G., Olivé, I., Malta, E., Vergara, J.J., Hernández, I. y Pérez-Lloréns, J.L. (2008). Increased vulnerability of Zostera noltii to stress caused by low light and elevated ammonium levels under phosphate deficiency. Mar Ecol Prog Ser 365: 67-75
2 Duarte, C.M., Middelburg, J.J. y Caraco, N. (2005). Major role of marine vegetation on the oceanic carbon cycle. Biogeosciences 2 1-8
3 UNEP (2006) Marine and coastal ecosystems and human wellbeing: A synthesis report based on the findings of the Millennium Ecosystem Assessment. UNEP. 76pp
4 Ruiz, J.M., Guillén, J.E., Ramos Segura, A. & Otero, M.M. (Eds.). 2015. Atlas de las praderas marinas de España. IEO/IEL/ UICN, Murcia-Alicante-Málaga, 681 pp
5 Brun, F.G., Hernández, I., Vergara, J.J., Peralta, G. y Pérez-Lloréns, J.L. (2002). Assessing the toxicity of ammonium pulses to the survival and growth of Zostera noltii. Mar Ecol Prog Ser 225: 177−187
6 Carlota Barañano, Emilio Fernández, Gonzalo Méndez & Jesús S. Troncoso (2017) Resilience of Zostera marina habitats and response of the macroinvertebrate community to physical disturbance caused by clam harvesting, Marine Biology Research, 13:9, 955-966, DOI: 10.1080/17451000.2017.1307989
7 Consultado o 31/10/2022. https://www.farodevigo.es/pontevedra/2017/11/19/zonas-marisqueo-ria-cumplen-ano-16158017.html
8 Carlota Barañano, Emilio Fernández, Gonzalo Méndez, Clam harvesting decreases the sedimentary carbon stock of a Zostera marina meadow (2018) Aquatic Botany: 146 https://doi.org/10.1016/j.aquabot.2017.12.002.
Tras a triste perda do noso socio e amigo Mario Cuervo Hijarrubia (futuro vogal de montaña). Celébrase unha misa na súa memoria na parroquia de San Miguel de Bouzas. Mércores 9 de novembro ás 19:00 horas.
Na ponte de todos os Santos estivemos catro días recorrendo varios concellos da Comarca Camín Real de la Mesa, Proaza, Quirós, Santo Adriano e Teverga.
Sábado 29:
Día Pasado por auga no que se cambiou a subida o Ferreirúa por unha ruta polo faial de Montegrande, visitando a fervenza do Xiblu e rematando a ruta no pobo de La Focella.
Domingo 30:
Un día espectacular onde inciamos o percorrido no Alto de la Cobertoria. Recorrido lineal pola serra de Aramo facendo cume no teito da serra que é o pico Gamoniteiro de 1.791 metros. Os máis fortes fixeron dous picos máis o Peña Podre e o Xistra.
Luns 31:
Un recorrido que non pode faltar no val de Quiros que é ascensión o Peña Rueda de 2.151 metros. Nesta ocasión saímos do pobo de Lindes dirección a Foz Grande antes de chegar a Puertos de Agüeria, desde aquí iniciamos a nosa ascensión. O final do noso percorrido e no pobo de Ricabo.
Martes 1:
Saímos camiñando desde o aloxamento pola ruta del oso. Ascendemos pola serra de Serandi e facer o pico Cotachai de 1.028 metros. O descenso é polo precioso desfiladeiro das Xanas