Actividade Pena Corneira

Nesta ocasión a borrasca Beatrice, roubounos o protagonismo e fixo imposible que puideramos facela actividade… o  temporal no solo estaba na costa senón tamén no interior, chovendo con forza por momentos e con refachos de vento potentes.

Como di o refrán o mal tempo boa cara, asi que fixemos un paseo polos redores do Rio Avia e a bonita praia fluvial de Leiro. A hora de comer fomos o cercano mosteiro de San Clodio convertido hoxe nun coqueto hotel-monumento.

Outra vez será… deixamos unhas fotos do día en cuestión.

AXUDEMOS A MANTER VIVO O COUREL!

Todos escoitamos o desastre que provocou o lume este ano no Courel, pero vivilo é moito peor🥀
En Vieiros, onde vive o noso amigo Roi e a súa familia, están tratando de provocar unha transición ecolóxica de maneira sustentable encamiñada a recuperar os montes perdidos e manter o lume afastado das casas🔥 Tratan de manter as zonas rurais mediante a incorporación de animais de pastoreo🐑🐐 totalmente xestionados pola propia aldea á vez que queren amosar o fermoso dos seus paisaxes convidándonos a todos a participar🍁.

Dende Peña Trevinca animámosvos a poñer o voso grao de area. Cun pouquiño de cada un de nós podemos AXUDAR A MANTER O COUREL VIVO! 🌳 Podedes apadriar unha cabra, un burro ou axudar a cambio dunha visita, roteiro, degustación de pan en forno tradicional, etc. Tedes máis información no seguinte enlace; se alguén ten problemas facendo á donación que chame ao club e vos axudaremos!

https://www.verkami.com/projects/34005-vieiros-la-pequena-aldea-de-o-courel-que-quiere-revivir

Vogalía de Medio Ambiente

IMAXES FIN DE SEMANA DE ESPELEOLOXÍA E SENDEIRISMO EN ENCIÑA DA LASTRA

O pasado fin de semana no parque de Enciña da Lastra disfrutamos de espeleoloxía e sendeirismo. Actividades para todo o club dende os mais pequenos ata os maiores.

Por suposto os máis valentes fixeron espeleoloxía coa colaboración de Cetra (clube de espeleoloxía A Trapa) e os seus guías Marcos, David, Begoña e Rey, coa colaboración do noso vogal de espeleoloxía Jesús Expósito.

O sábado día 8 se visitou as covas de Pala Pumbeira, Pala Despiste e Pala da Zorra. O domingo 9 a cova de Pala Silverto e covas na zona leonesa fora do parque natural.

Ademáis de disfrutar das covas se retirou restos de plásticos e restos dun periódico no lateral dun dos lagos fosiles na cova de Pala Silverto. Na entrada de dita cova se retiraron uns anacos de polispan (poliestireno).

Os senderistas o sábado fixeron un percorrido circular duns 18 quilómetros  pasando polos pobos de Covas e Vilar de Silva e o cume de Pena Falcoeira.

 O domingo cun percorrido de 19 quilómetros que saíndo do restaurante A Calzada facemos o roteiro do fermoso río Farelos para chegar a unha fervenza que debido a pouca choiva que estamos a pasar máis que fervenza e un chorro de auga.

Fin de semana onde o tempo acompañou e como sempre bo ambiente, moitas risas e con gañas da próxima actividade.

Fotos sendeirismo

Fotos espeleoloxía

XORNADA DE ORIENTACIÓN EN COVELO

O pasado Domingo 18 de setembro da man do noso socio Julio Eiroa (titulado TD2) e contando tamén coa
colaboración doutro socio Alfredo Fdez. (TD1), organizamos unha xornada de orientación na
que participaron parte das familias que compoñen a Sección Infantil.

Como ben sabedes  orientarse no medio natural e fundamental no noso deporte, por elo pensamos que esta
actividade era mais que necesaria.
Comezamos o dia cunha pequena charla na que explicaron dunha maneira moi sinxela que é a orientación, o plano, a brúxula, etc.

 


A continuación da charla fixemos 2 grupos de nenos/as acompañados dun adulto e 2 grupos de pais/nais que tamén quixeron participar. Estes grupos foron saíndo cada 5 minutos a procura das devanditas sinais.

Para por en practica estes coñecementos, tiñamos disposto dúas rutas nas que colocáronse 6 balizas que tiñamos que ir atopando segundo unha órden determinada no mapa facilitado polo técnico.

 

A primeira delas recorreu os arredores da aldea de Lamela, pasando por camiños ben bonitos. Unha vez rematada este primeira quenda, paramos a xantar todos xuntos no local social do pobo e, xa pola tarde, fixemos a segunda pero esta vez foi nos arredores do campo de fútbol de Covelo.

Resumindo, o pasamos moi ben, foi moi entretido e aprendimos moitas cousas sobre mapas, brúxulas e de seguro que o ano que ven repetiremos outra vez… non si?

MAIS FOTOS AQUÍ

Bautismo de mergullo-A lista xa está aberta!

Como xa sabedes, temos preparado para o domingo 16 unha saída de mergullo na Ría de Vigo.

O bautismo de mergullo está concibido para calquera persoa apaixonada coa natureza pero que teña curiosidade en saber que se esconde baixo a superficie. Non é necesaria experiencia. Nunha mañá de domingo aprenderemos as técnicas básicas de mergullo autónomo, unhas pinceladas sobre como funciona o equipo e a manternos flotando sen gravidade desfrutando dos fermosos paraxes que nos depara a Ría de Vigo. Desprazarémonos nunha corta singradura ata o punto de mergullo onde tentaremos de atopar unha pequena pradeira de Zostera marina e, con sorte, atoparemos tamén as fermosas criaturas que vedes na imaxe de portada. Os cabaliños de mar pasan desapercibidos moi facilmente, pero teñen o seu mellor refuxio entre as pradeiras de fanerógamas.

Déixovos AQUÍ esta ligazón a un artigo que escribiu Patricia Quintas, colaboradora da vogalía de Medio Ambiente e experta investigadora de cabaliños de mar no IEO-Vigo, sobre estas especies e o seu hábitat. Unha vez realizada a saída de mergullo ampliaremos información e convenceremos a Patricia Quintas para que nos ilustre nunha charla divulgativa sobre estes hábitats tan importantes e pouco protexidos na Ría de Vigo.

Pradeira de fanerógamas mariñas na Ría de Vigo. Ano 2015. Fonte: Cristina Fernández González

O cupo é limitado, hai 10 prazas, polo que recoméndovos que vos apuntedes axiña chamando ao club. A lista péchase o 13 de outubro. Ánimo valientes, vémonos no mar!

Unha aperta,

Cristina Fernández González, vogal de Medio Ambiente