Campamento San Bernardo xuño 2022

Este ano 2022 celebramos o noso tradicional Campamento de San Bernardo no concello de Muiños na provincia de Ourense e, como non podía ser doutro xeito empezámolo día cunha ruta circular duns 12 kmts que finalmente acortouse porque a maior parte da mesma estaba impracticable pola densa vexetación. .. asi que coa mesma marchamos para o Camping O Corgo, cun albergue moi ben equipado que acolleunos estupendamente  o fin de semana.

 

Unha vez comidos e logo de xogar un pouco, tocounos poñelos bañadores e tanto pais como cativos desfrutamos dunha tarde de piraguas e chapuzons no encoro das Conchas… que por certo a temperatura do auga non tiña nada que envexar o do mar Caribe…

 

Xa o domingo de mañan fixemos outra pequena ruta polos Muíños de Vilameá para rematar na piscina termal de Lobios onde algúns mollaron os pes e algunha cousa mais nas augas termais que emerxen da terra…

 

 

Neste enlace  todas as fotos

Resumo competicións escalada xuño

Este mes foi un mes moi intenso a nivel de competicións de escalada. Por unha parte os máis cativos asistiron a II Proba da Copa Galega de Escalada en Idade Escolar o día 11 de xuño en Lugo. Os nosos representantes Lola Ferreras e Sebastián Franco pasaron os dous ás finais e tiveron unha moi boa actuación co obxectivo de seguir aprendendo, gozando e mellorando para poder acadar algún podio nas seguintes probas. Estes pequenos son unhas grandes promesas. 

Por outra banda, os máis maiores Araceli Vale, Santiago Franco e Natalia Vale participaron na Copa de España de bloque, velocidade e dificultade. Na I proba de bloque celebrada o 4 de xuño na Praza de España de Madrid, cunha terrible calor e televisada por primeira vez en RTVE, Santiago tivo unha destacada actuación e estivo a piques de pasar ás finais. Na proba de velocidade, Araceli entrou na final en categoría absoluta enfrontándose á plusmarquista nacional María Laborda, acadando ao final un merecido 4º posto. Santiago, en categoría sub-18, quedou 3º e Natalia, tamén en sub-18, gañou a proba. A FEDME fixo entrega dos premios, pero os resultados non puideron validarse como oficiais debido a un erro no montaxe do muro de velocidade.  

O día 11 celebrouse a I Proba da Copa de España de escalada de dificultade en Torrejón de Ardoz. Os 3 tiveron unha destacada actuación pasando Araceli e Natalia ás finais e acadando Araceli un 3º posto en categoría sub-20 e Natalia 6ª. Santiago fixo unha primeira vía perfecta pero un resbalón na segunda vía deixouno fóra da final. 

Xa para rematar este intenso mes, o día 17 achegámonos a Oviedo para participar na II proba da Copa de España de Bloque de Velocidade. En bloque Natalia conseguiu acceder ás finais acadando un 5º posto. E en velocidade, nesta ocasión xa con resultados oficiais, Natalia e Santiago subiron ao podio como 2º e 3º respectivamente e Araceli acadou o 5º posto en categoría absoluta. 

En resumo, un mes de xuño cheo de éxitos, que se completou coa boa nova de que podemos presumir xa de contar con dous Deportistas galegos de Alto Nivel, Araceli e Santiago, e unha deportista co recoñecemento de Rendemento deportivo de Base porque Natalia é menor de 16 anos. Un logro debido ao esforzo dos propios deportistas e os seu adestrador, pero tamén ao gran apoio que senten de todos os socios e socias e que os empurran a seguir crecendo no mundo da escalada. Parabéns. 

Deixamos algunhas fotos destas competicións no seguinte enlace