Resumen 1ª proba da Copa Galega de escalada en Idade Escolar e Campionato Galego de Escalada de Dificultade

 

 

O domingo 8 de maio puidemos gozar dunha nova xornada de escalada para todas as idades no Rocódromo de Lugo. As probas comenzaron ás 9 da mañán nas distintas categorías e modalidades. Na 1ª proba da Copa Galega en Idade escolar participaron os nosos socios máis xóvenes Lola Ferreras, Martina Alonso, Elba Fernández, Emma Díaz, Tomás Díaz, Sebastián Franco e Nico de la Torre. Todos tiveron unha magnífica actuación, máis tendo en conta que moitos deles acaban de comenzar a escalar neste ano. Estas probas sérvenlles de adestramento para progresar e mellorar a súa técnica baixo a atenta mirada dunha das súas monitoras, Araceli Vale e, por suposto, compartir momentos fantásticos, tanto escalando como xogando ao fútbol, con escaladores vidos de toda Galicia e Portugal. Destacamos a actuación de Sebastián que quedou ás portas do pase á final e de Lola que conseguíu o pase á final e loitou por acadar as zonas e os tops ata o último momento deixando literalmente a pel en cada presa.

En canto ao Campionato Galego de Dificultade, soamente estaba aberto para as categorías sub18 e absoluta. Aquí podemos dicir que o noso club tivo un éxito absoluto conseguindo o primeiro posto en categoría masculina e feminina en sub18 acadado por Santiago Franco e Natalia Vale respectivamente, e o primeiro posto en categoría absoluta feminina acadado novamente por Araceli Vale. As dúas irmás revalidan o título de campioas galegas. Foi un campionato moi disputado no que, despois dunha final de infarto, tiveron que desempatar recorrendo á fase de clasicación. Estes tres rapaces deixan claro en cada proba que son actualmente os deportistas de FGM máis fortes nas súas respectivas categorías.

Felicidades aos tres polos seus éxitos que serven de exemplo e marcan o camiño aos máis pequenos.

 

Podedes gozar das fotos e vídeos do evento no seguinte enlace.