17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

“Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo, e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é mais que unha obra de arte. É a matriz inagotable de Obras de Arte.”

Castelao, Sempre en Galiza.

Este 17 de Maio, día da nosa lingua, está adicado a Florencio Delgado Gurriarán (Corgomo-Valdeorras 1903. California 1987).

Florencio foi avogado, poeta, membro do partido galeguista, exiliado e táboa de salvación de moitos refuxiados do franquismo en México e aliado  compañeiro de Castelao. Home vital, humilde e sen pretensións, que viviu cincuenta anos fora da súa Valdeorras natal.

Como outros anos o  club quere ser portavoz  tamén desta Homenaxe. E máis cando en  Valdeorras atopase en boa parte a orixe do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e cando Florencio viña sendo curmá do fundador do noso club o doutor Gonzalo Gurriarán.

Deixámosvos aquí dous enlaces para coñecer mellor  a vida e obra do Homenaxeado neste 2022 no día das Letras Galegas Florencio Delgado Gurriarán.

https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran/biografia

https://www.youtube.com/watch?v=4YkwChe8cYY

Precisamente o vindeiro día 27 deste mes de Maio, Ricardo Gurriarán, historiador e mentor incansable nos últimos meses da obra de Florencio, e fillo de Gonzalo, recibirá unha Homenaxe como Socio de Honra do noso club no acto da presentación do libro “A Creación do Club Peña Trevinca” acto ao que estades todos convidados.

Aquis Querquennis

O pasado domingo 8 de Maio e cun sol de Xustiza desprazamonos o concello de Bande (Ourense) para facer una ruta lineal de 12 kmts. que percorria o monte comunal de Monte Grande.
Ali os comuneiros, donos dun monte 1.100 hectáreas, promoveron un proxecto de creación dun parque arqueolóxico no que se poden atopar ata once mámoas que estaban ocultas dentro do bosque.
Tamen puidemos disfruta dun foxo do lobo en forma de cruz, unha rareza, dos que so existen dous en todala peninsula iberica.
Por ultimo visitamos o famoso campamento romano do Aquis Querquennis, situado o pe do embalse das Cunchas. Dito destacamento estableceuse no lugar para a construcción da Via XVIII o Via Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta y Asturica Augusta. Os legionarios romanos estiveron ali  entre o último cuarto de siglo I ata os anos 20 del II.
Máis fotos AQUÍ

Por terras e ríos de Covelo

 

Así foi a nosa camiñata do pasado domingo día oito. Tras decidir non acudir a Larouco, como estaba programado, optamos por un precioso percorrido polas fragas de Covelo e, nunha xornada primaveral pero con moita calor, percorremos vellos camiños a carón de rios e aldeas da zona baixa de Fontefría. O noso Vogal de Sendeirismo, o amigo Grova, foi quen de enlazar varios sendeiros balizados e sen balizar para xuntar, en 20 km, os recunchos máis bonitos desta comarca.

 

Podedes ver as fotos AQUÍ