BELEN DE CUMES E MARCHA DO PAVO

 

Derradeira actividade do ano para celebrar unha das marchas tradicionais do club. Como o ano anterior celebrouse conxuntamente os adultos e os máis cativos.

Nesta ocasión estamos na comarca de Paradanta e máis concretamente no concello de Crecente. A ruta comeza nunha pequena capela para coller un sendeiro marcado que nos leva o Mirador Coto da Cruz onde deixamos o Belén feito pola sección infantil.

Despois de cantar unhas panxoliñas e recuperar forzas tomando polvoróns e un pouco de viño doce iniciamos os adultos en parellas a ruta da marcho do pavo  que despois de pasar dous controis remata no concello de Crecente. Os pequenos neste caso fan unha ruta distinta e máis corta. Os buses nos levan o sitio da comida no restaurante “O Palancas” onde tomamos un bo cocido.

Despois dunha larga sobremesa anunciase os gañadores do pavo que nesta ocasión e a parella formada por Natacha Castillo e Beatriz Rey. A pava como sempre en sorteo entre todos os participantes tócalle o noso compañeiro Juan Vale. Unha actividade social antes da festas de nadal onde o bo ambiente, alegría e cante foron os protagonistas da xornada.

Máis fotos aquí

Licenza Federación Galega de Espeleoloxía 2023

Xa podes tramitar a túa licenza para 2023

Cada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que se recibe na FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras, dende a ligazón nesta páxina.

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte nas actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

Características principais

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da Federación.

Prezos licenzas (Nova Actualización)

 

MÁIS INFORMACIÓN

Licenza Federación Galega de Montañismo 2023

LICENZA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2023

Xa  podes tramitar a túa licenza para a Federación Galega de Montaña 2023

 

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos,  
  • Comunhttps://fedgalmon.gal/refuxios/icacións periódicas
  • Calenhttps://fedgalmon.gal/refuxios/dario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.

Novidades

Este ano haberá tres novidades referente ás licenzas federativas:

  1. Por primeira vez na FGM haberá unha licenza de Inclusión Social

  2. Haberá licenza infantil na modalidade OT.

  3. Melloras propostas Asistencia no Estranxeiro coa póliza AON_ALLIANZ contratada.

Prezos

Máis información aquí

 

 

 

 

 

ACTIVIDADE DE ORDUÑA

 

As previsións eran de moita choiva para esta ponte de decembro pero como ocorre moitas veces as previsións fallaron e puidemos gozar desta paisaxe pouca coñecida que é Serra Salvada. Catro días onde recorremos todo o cordal desta zona montañosa que ten unha altura media de 1.000 metros aproximadamente.

 

Xoves 8 de decembro:

Despois de oito horas de viiaxe chegamos o noso destino que era Porto Orduña para iniciar un pequeño recorrido en medio da néboa que nos levaba o pico Txarlazo de 933 metros e a baixada por medio dun faial para rematar no Santuario de La Antigua a 2 km de Orduña.

 

Venres 9 de decembro:

O tempo sigue mellorando e con un día totalmente despexado podemos disfrutar do precioso que é esta serra. Recorrido circular que salvando inicialmente 600 metros de desnivel nos leva a primeira cume de este día e a máis alta que o pico Tologorri de 1073 metros. Xa na parte alta da serra imos facendo varios cumes ata un total de 4 picos máis antes de iniciar a baixada que nos leva de novo onde iniciamos o roteiro a primeira hors da mañá.

   

Sábado 10 de decembro:

Este día se sube o teito da serra que é o pico Eskutxi de 1185 metros. Tamén facemos dous cumes máis o pico Ungino e o Peña de Aro. A ruta deste día a máis larga desta ponte remata onde a iniciamos no pobo de Salmantón.

 

Domingo 11 de decembro:

Pequena ruta antes de iniciar o camiño de regreso a casa. Saímos do pobo de Untzagana provincia de Alava pero prácticamente o noso percorrido e dentro da provincia de Brugos. Nesta ocasión coñecemos o Parque Natural Monmento Monte Santiago que ten o salto de auga máis alto do país que o Salto del Nevión que nesta ocasión non leva auga. Despois de pasar por dous miradores facemos cume no pico Arando de 940 metros e rematar esta ponte onde a iniciamos o primeiro día, no Porto de Orduña.

 

Máis fotos aquí

Actividade Castro de Troña- Castelo de Sobroso- Alto da picaraña

O pasado domingo 20 un grupiño da sección infantil achegámonos o xacemento arqueolóxico do castro de Troña no concello de Ponteareas con fin de iniciar unha andaina que nos levaría ata o alto da Picaraña, pasando antes polo castelo de Sobroso.

No citado castro percorrimos o seu perímetro cheo das vivendas que compoñían o poboado así como as murallas que defendían o asentamento. Para quentar motores os rapaces non pararon ata localizar a famosa pedra da serpe… aquel gravado ten certo alo de misterio que algúns estudosos relacionan cun culto solar.

De alí a un pouco continuamos camiñando uns quilómetros ata chegar o castelo de Sobroso onde tiñamos reservada unha visita guiada a cal ensinounos a función do  castelo tanto dende o punto de vista histórico como da súa reconstrución. Debido a intensa néboa reinante non puidemos desfrutar das fermosas vistas dende a torre…  unha mágoa.

   

Una vez rematada a visita paramos un ratiño a xantar para a continuación visitala senda botánica que rodea o castelo.  O noso compañeiro Raimundo fixo de guía improvisado amosándonos có seu bon facer unha morea de cousas.

Uns cantos ktms. mais tarde chegamos por fin o alto da Picaraña, onde nos esperaba o bus para devolvernos a Vigo.

Fotos aquí

Adiós, ríos; Adiós, fontes; Adiós, regatos pequenos.

O sentido poema de Rosalía non tiña  cabida na nosa actividade do pasado día 27 pola Peneda e Alto Vez en Portugal.

Os ríos baixaban a rebentar, as fontes botaban por fora e os regatos…como ían os regatos!!!

Xa estaba anunciado que, precedentes aparte por esta zona, había que ir preparados para pormos a remollo,  e así foi desde o principio.

Saímos dende S. Bento do Cando no medio dunha poalleira a modo de “aperitivo”.  De alí a pouco un traspés inoportuno cunha pedra esvaradiza deu co noso amigo Grova metido de cheo, do pescozo para abaixo, nun dos moitos regatos que atravesamos tras  inestables equilibrios  e pasos dificultosos que, salvo nesa ocasión, pasamos sen excesivas dificultades pero foron moitos, iso si, un tras outro ao longo do día.

                         

 

Todo isto non foi impedimento para disfrutar moitísimo duns camiños fermosos, outrora importantes vías de comunicación na contorna do santuario da Peneda. 

Pagará a pena que en algún momento que poidamos repetir este percorrido pois quedounos a todos unha sensación de ter pasado unha excelente xornada sendeirista, con auga, iso si, pero marabillosa. Se chove…deixa chovere.

Quedan máis etapas no Alto Vez que non deberamos perder así caian chuzos.

Máis fotos aqui