CONCENTRACIÓN EÓLICOS ASÍ NON EN SAN ANTONIÑO

No dia Internacional dás Montañas 11/12/2021 está previsto facer no monte Paraguda (610 m.), parroquia de Peitieiros, concello de Gondomar, un paseo-concentración.

O motivo é visualizar a problemática dos eólicos, en concreto no cordal Paraguda, Monte Aloia, onde clubs e afeccionados á montaña manifestemos o rexeitamento a este parque de 8 aereoxeradores máis subestación e torre de control.

Este día haberá distintos puntos nas montañas de Galicia onde se farán estas concentracións nos lugares afectados por esta invasión eólica.

A iniciativa parte de “Eólicos así Non” onde está integrada a Plataforma pola defensa do Galiñeiro á cal pertencemos xunto con outros 44 colectivos.

Punto de encontro: Alto de San Antoniño, carretera de Gondomar a Tui, na pista que sae a esquerda en dirección ao monte Aloia.

Hora de saída: 12:00 h

Percorrido: pista forestal fácil. Circular. Aproximadamente 6 km.

Duración: 1h 30 a 2h , en función dá climatoloxía .

Tempo de chegada en coche: Vigo-Gondomar-San Antoniño: 35 minutos, 32 km.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR