LEMBRANDO A ACTIVIDADE EN GREDOS

 

 

Acudíamos con algún “mosqueo” á Serra de Gredos pois nas anteriores visitas (5)  a climatoloxía sempre fora adversa. Desta volta fixemos pleno e gozamos de catro xornadas fantásticas de bo tempo e de actividades de sendeirismo e montaña con ascensións a La Mira (2343 m) case todos, e 18 que fixemos cume no Almanzor, de 2591 m o luns día 11, por destacar estas dúas.

Iniciamos esta actividade en Gredos subindo a pico Torozo (2022 m) dende o Puerto del Pico e nese mesmo punto, rematamos o día 12 unha marcha que comezara moi preto do pobo onde estivemos aloxados, El Arenal.

Podedes botar unha ollada, pulsando AQUÍ a algunhas imaxes que seleccionamos para vos.