Agradecementos xornada de Especies Exóticas Invasoras

Como xa sabedes, a fin de semana pasada celebramos un par de xornadas dedicado ás Especies Exóticas Invasoras.

O venres, José María Sánchez Fernández, investigador do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do solo da UVIGO, viu o local social do club a falarnos da problemática que xera a introdución destas novas especies cando proliferan e desprazan a outras autóctonas, tanto dende o punto de vista ecolóxico como económico.

Con él tamén tivemos tempo para falar brevemente da lexislación que existe para controlar a súa dispersión ou erradicación e da importante acción política que se debe desenvolver para que isto se dirixa cara un bó porto.

A verdade que é un pracer contar con persoas que aman o que fan e que se ofrecen a transmitir a súa sabedoría aos demais, sen ningún interese a maiores que o de compartir coñecemento e xerar pensamento crítico. Moitísimas grazas José María!

Pois xa postos na temática, o sábado ben cedo nos diriximos a Serra do Galiñeiro onde quedamos con Xosé Taboada, coordinador da Comunidade de Montes de Vincios (@montesdevincios), quen nos explicou todo o traballo que veñen desenvolvendo na serra, dende retirada de especies do xénero Eucalyptus e acacias negras (Acacia melanoxylon), ata a xestión de novas plantacións e a importante visibilización do valor económico dos espazos naturais.

Con él nos diriximos cara unha zoa, preto do merendoiro do Galiñeiro, onde xa se talaran eucaliptos tempo atrás. A nosa labor era cortar os novos brotes que proliferaran en poucos meses, porque como nos decía Xosé, o eucalipto remata morrendo por “cansancio”, ata 4 veces pode rebrotar con forza! Espero que desta volta se cansara él antes ca nós.

Ademais, Xosé nos falou dun proxecto moi divertido que se traen entre máns. Poderíase dicir que é unha nova modalidade “deportiva-medioambiental” que anima a persoas de tódalas idades e condicións a tomar cartas no asunto e participar na retirada e agotamento destes rebrotes de prantas. Chámase Rockking!! E xa teñen unha propia páxina en Facebook (#Comunidaderokking) onde podedes ver os avances que van facendo todos os voluntarios. Vos deixo aquí o vídeo tutorial de qué é o que hai que facer para todos os queremos axudar a manter os nosos montes en bo estado.

E xa que estabamos no Gali, pois por qué non? Subimos un pouquiño máis e pasamos unha xornada de escalada moi divertiva e apta para todos os niveis! Grazas a Xosé, vogal de escalada do club, por vir, traer material e abrirnos todas as vías! 😊

Espero que as dúas xornadas foran de desfrute para todos vós e que sigades participando nestas iniciativas. Con colaboración todo se consegue! Vos deixo aquí o enlace coas fotos da actividade.

Unha aperta e vémonos nos montes e no mar!

Cristina Fernández, vogal de Medioambiente.