I TRAVESÍA GALEGA POR MONTAÑA

 

25 e 26 de setembro

Excelente oportunidade de comezar o cuatrimestre cunha actividade montañeira relevante, actividade federativa organizada polo noso club, que nos levará a percorrer boa parte do macizo de  Pena Trevinca, dende a zona alta de Sanabria, en Zamora, ata as terras ourensás de Xares no concello da Veiga.

Na primeira xornada agárdanos, pois, unha longa travesía con partida dende a lagoa de Los Peces, camiñando sen perder altura ata a Portilla de Morena Cavada, onde subiremos por unha interesante canle ao Peña Negra, 2.124 m e a continuación a  Pena Tevinca, 2.127 m. Logo, ben polo Sextil Alto ou polo Lomo do Roncín,  baixaremos ao val do Xares para pasar a noite nos refuxios de Vilanova e A Ponte.

Para a xornada do domingo  agárdanos  aínda achegarnos á lagoa de Ocelo e o pico de Ocelo baixando a continuación a Xares, completando deste xeito un fermoso  percorrido polas montañas máis altas de Galicia, en compañía de montañeiros doutros clubs. Por suposto, é obrigatoria a licenza federativa. Abriremos a lista dende o xoves día 9 ata o mércores día 22.

VENTE DE TRAVESÍA POR TREVINCA !!