Agradecementos xornada de Especies Exóticas Invasoras

Como xa sabedes, a fin de semana pasada celebramos un par de xornadas dedicado ás Especies Exóticas Invasoras.

O venres, José María Sánchez Fernández, investigador do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do solo da UVIGO, viu o local social do club a falarnos da problemática que xera a introdución destas novas especies cando proliferan e desprazan a outras autóctonas, tanto dende o punto de vista ecolóxico como económico.

Con él tamén tivemos tempo para falar brevemente da lexislación que existe para controlar a súa dispersión ou erradicación e da importante acción política que se debe desenvolver para que isto se dirixa cara un bó porto.

A verdade que é un pracer contar con persoas que aman o que fan e que se ofrecen a transmitir a súa sabedoría aos demais, sen ningún interese a maiores que o de compartir coñecemento e xerar pensamento crítico. Moitísimas grazas José María!

Pois xa postos na temática, o sábado ben cedo nos diriximos a Serra do Galiñeiro onde quedamos con Xosé Taboada, coordinador da Comunidade de Montes de Vincios (@montesdevincios), quen nos explicou todo o traballo que veñen desenvolvendo na serra, dende retirada de especies do xénero Eucalyptus e acacias negras (Acacia melanoxylon), ata a xestión de novas plantacións e a importante visibilización do valor económico dos espazos naturais.

Con él nos diriximos cara unha zoa, preto do merendoiro do Galiñeiro, onde xa se talaran eucaliptos tempo atrás. A nosa labor era cortar os novos brotes que proliferaran en poucos meses, porque como nos decía Xosé, o eucalipto remata morrendo por “cansancio”, ata 4 veces pode rebrotar con forza! Espero que desta volta se cansara él antes ca nós.

Ademais, Xosé nos falou dun proxecto moi divertido que se traen entre máns. Poderíase dicir que é unha nova modalidade “deportiva-medioambiental” que anima a persoas de tódalas idades e condicións a tomar cartas no asunto e participar na retirada e agotamento destes rebrotes de prantas. Chámase Rockking!! E xa teñen unha propia páxina en Facebook (#Comunidaderokking) onde podedes ver os avances que van facendo todos os voluntarios. Vos deixo aquí o vídeo tutorial de qué é o que hai que facer para todos os queremos axudar a manter os nosos montes en bo estado.

E xa que estabamos no Gali, pois por qué non? Subimos un pouquiño máis e pasamos unha xornada de escalada moi divertiva e apta para todos os niveis! Grazas a Xosé, vogal de escalada do club, por vir, traer material e abrirnos todas as vías! 😊

Espero que as dúas xornadas foran de desfrute para todos vós e que sigades participando nestas iniciativas. Con colaboración todo se consegue! Vos deixo aquí o enlace coas fotos da actividade.

Unha aperta e vémonos nos montes e no mar!

Cristina Fernández, vogal de Medioambiente.

I TRAVESÍA GALEGA POR MONTAÑA

 

25 e 26 de setembro

Excelente oportunidade de comezar o cuatrimestre cunha actividade montañeira relevante, actividade federativa organizada polo noso club, que nos levará a percorrer boa parte do macizo de  Pena Trevinca, dende a zona alta de Sanabria, en Zamora, ata as terras ourensás de Xares no concello da Veiga.

Na primeira xornada agárdanos, pois, unha longa travesía con partida dende a lagoa de Los Peces, camiñando sen perder altura ata a Portilla de Morena Cavada, onde subiremos por unha interesante canle ao Peña Negra, 2.124 m e a continuación a  Pena Tevinca, 2.127 m. Logo, ben polo Sextil Alto ou polo Lomo do Roncín,  baixaremos ao val do Xares para pasar a noite nos refuxios de Vilanova e A Ponte.

Para a xornada do domingo  agárdanos  aínda achegarnos á lagoa de Ocelo e o pico de Ocelo baixando a continuación a Xares, completando deste xeito un fermoso  percorrido polas montañas máis altas de Galicia, en compañía de montañeiros doutros clubs. Por suposto, é obrigatoria a licenza federativa. Abriremos a lista dende o xoves día 9 ata o mércores día 22.

VENTE DE TRAVESÍA POR TREVINCA !!

LEMBRANDO O VAL DE TENA

 

Xa retomamos de novo as nosas actividades cara a estes últimos meses do ano , ás portas dun sempre fermoso outono. Pero non queremos esquecernos  xa dos días extraordinarios que pasamos o pasado agosto no Val de Tena.

Lamentamos moitísimo non poder celebrar a tradicional “Festa do Reencontro” no local social onde faciamos unha lembranza máis auténtica  e “presencial”. Agora, de momento, non é posible xuntarnos tantos e para poder lembrarnos vos ofrecemos esta escolma de fotografías para percorrer por uns intres, nas imaxes,  este fermoso val pirenaico e as nosas actividades nel.

Agradecemos as aportacións fotográficas de Bárbara, Manuel Glz. Cristina R. Puebla, Lois e Garrido que nos facilitaron as súas fotografías.

Premendo AQUÍ veredes boa parte da nosa aventura pirenaica neste 2021.

Charla e xornada sobre as Especies Exóticas Invasoras (17 e 18 de Setembro)

Como xa sabedes, a intención neste mes é levar a cabo unha xornada de retirada dalgunha das especies invasoras que ameazan os nosos ecosistemas.

Cando unha especie exótica entra nun ecosistema novo e se convirte nunha invasora pode acarear grandes danos para o lugar. Dende desprazar a especies autóctonas, provocando ao fin a perda de biodiversidade, ata xerar riscos para a saúde ocasionando perdas económicas. Algúns exemplos xa foron descritos no artigo anterior “Un ecosistema biodiverso é un ecosistema san: a problemática das especies exóticas invasoras”. Aí descríbese o caso particular do visón americano (Neovison vison) frente ó europeo (Mustela lutreola). Como dato a engadir gustaríame mencionar que xa no 2013 os datos publicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aseguraban que en España só quedan 500 exemplares adultos de visón europeo fronte os 30.000 exemplares de visón americano1. Outro caso menos coñecido é o do caranguexo de río vermello americano (Procambarus clarkii) protagonista da portada desta entrada, que foi introducido en España nos anos 70 con fins comerciais e en poucas décadas xa se atopaba distribuído por toda a península poñendo en jaque ás poboacións do caranguexo autóctono (Austropotamobius pallipes) pola introducción dunha peste perigosa para a especie autóctona (a chamada afanomicosis)2,3.

En España, según o catálogo de Especies Exóticas Invasoras, temos 193 especies alóctonas de fungos, algas, mamíferos, aves, crustáceos e flora entre outros4. Como cidadáns se nos convida a dar a voz de alarma se nos atopamos con algunha destas especies que non estea recollida no catálogo poñéndonos en contacto coa autoridade ambiental competente na comunidade autónoma ou directamente ao Ministerio para la Transición Ecolóxica e o reto demográfico. A priori é unha boa iniciativa. O que pasa é que a meirande parte de nós non sabemos diferenciar as especies autóctonas das alóctonas, onde eu mesma me inclúo, polo que se fai necesario poñer máis esforzos en educación ambiental neste eido a fin de conservar os nosos ecosistemas.

Deixo aquí unha noticia que me sorprendeu. Quitando o sensacionalismo que teñen os medios, eu confío na intención deste señor que viu vivir moi preto do Courel e decidiu crear un pequeno oasis de vida autóctona na súa parcela.

Dende o club, estamos moi concienciados coa temática e decidimos poñer o noso gran de area colaborando na erradicación do Eucalipto na nosa contorna. Non é a primeira vez que o facemos e desta volta vos convidamos a que o próximo sábado día 18 de Setembro as 09:00h, vos animedes a podar restos de eucaliptos xa cortados que están rebrotando nos montes da Serra do Galiñeiro en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios.

Será preciso que o que poda leve unha macheta, xa que non temos para todos. O transporte esta vez farase de xeito individual, e tamén vos animo a que levedes xantar e material de escalada para os que se queiran quedar a facer unhas vías se o tempo o permite! Xose Viana, vogal de escalada do club, estará con nós ? Aínda que lembrade que para escalar é necesario ter seguro deportivo vixente ese día.

A efectos de quorum é preciso chamar ao club antes do xoves para anotarvos (telf. 986420551), aí se vos dará máis información do punto de encontro. A actividade é gratuíta, os únicos que se lucran son os montes.

Ademáis, para os que esteades interesados, o venres 17 ás 20:00h estará no noso local social José María Sánchez Fernández, investigador da UVIGO do departamente de Bioloxía vexetal e Ciencias do solo, para facernos unha pequena presentación e contestar a tódalas dúbidas que se nos poidan ocurrir. Aproveitade a ocasión porque non sempre se pode dispoñer dun experto que se ofreza a transmitir os seus coñecementos!

Referencias bibliográficas

1Estrategia de gestión, control y erradicación del Visón Americano (Neovison vison) en España. 2013. Dispoñible en https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/red-parques-nacionales/Estrategia%20de%20Control%20y%20Erradicaci%C3%B3n%20del%20Vis%C3%B3n%20Americano_tcm30-169146.pdf

2Acevedo-Limón, L.; Oficialdegui, F. J.; Sánchez, M. I. and Clavero, M. (2020) Historical, human and environmental drivers of genetic diversity in the red swamp crayfish (Procambarus clarkia) invading the Iberian Peninsula. Freshwater biology 65, 8 https://doi.org/10.1111/fwb.13513

3Panteleit et al. (2018) Hidden sites in the distribution of the crayfish plague pathogen Aphanomyces astaci in Eastern Europe: Relicts of genetic groups from older outbreaks? Invertebrate pathology 157 https://doi.org/10.1016/j.jip.2018.05.006

4Catálogo de Especies Exóticas Invasoras de España. Dispoñible en

https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce-eei-catalogo.aspx

FELICIDADES EREA

Este sábado día 11 se celebró en Ourense la I PRUEBA DE LA COPA GALEGA DE ESCALADA BASE.

Por varias circunstancias, cambio de fecha entre otras cosas, solo participó una  socia de nuestro club.

Erea Romero García no solo pasó a la final pues también consiguió un magnífico quinto puesto.

FELICIDADES EREA por tus ganas de competir y por representarnos tan bien con tu estupenda clasificación.

 

XORNADAS DE ESCALADA EN ROCÓDROMO UVIGO

 

(Descarga o cartel premendo aquí)

Xornadas dirixidas a socios do Club Peña Trevinca e ao persoal da Comunidade Universitaria da UVigo indistintamente.

 

Prazo de solicitude:  día 8, desde ás 8:00h, ata o 16 de setembro ás 23:59h.

As prazas se confirmarán por correo-e aos matriculados a partir do venres día 24.

 

GRUPOS 

 

 

 

DURACIÓN:

Outubro a maio. Segundo o Calendario Escolar da X. de Galicia

1º trimestre: Outubro, novembro e decembro.

2º trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo.

3º trimestre: Abril e maio.

 

PREZOS:

Grupos G3, G10 e G11: Cobro mensual anticipado de 26€/mes.

Resto de grupos: Cobro trimestral anticipado de 34€/mes.

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN:

  • Ter participado no ano anterior.
  • Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.
  • Orde de inscrición.
  • G12: prioridade persoal UVIGO.

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO:

  • Ter participado no ano anterior.
  • Demostrar capacidade de escalar mínimo 6a. (Proba de acceso).
  • Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.
  • Ter participado xa en actividades de escalada co club.
  • Orde de inscrición.

 

Aclaración de dúbidas chamando ao 660 69 35 35

 

CAMPAMENTO DE SAN BERNARDO. Memorial Pepiño Costas.

18-19 de setembro

Na fin de semana do 18/19 de setembro faremos, por fin, o noso campamento montañeiro. Este ano iremos ao P.N. das Fragas do Eume, máis concretamente na zona de Monfero, alí utilizaremos parte das instalacións de Eumenatura.

 O  programa  que temos preparado é como segue: comezaremos o sábado pola mañá cun sendeiro duns 12 km, no que coñeceremos algunhas zonas moi fermosas apartadas dos sendeiros máis “turísticos”. Debemos levar a comida porque seguramente xantaremos polo camiño.  Xa pola tarde faremos xogos e actividades na pista das instalacións de Eumenatura.

O domingo pola mañá temos preparada unha bonita ruta de kaiak polo encoro do Eume, onde aproveitaremos para darnos un refrescante chapuzón.  

Abrimos a lista de inscrición o martes día 7
Entrenador, Autobús, Holiday
Saída ás 8:30 horas do sábado 18 en bus dende a Praza de España en Vigo.
Durmiremos en tendas de campaña (cada familia levará a sua) ou ben se alguén quere vivaquear tamén pode ser. Polo tanto é indispensable, colchoneta/esterilla, saco de durmir e dende logo frontal ou lanterna. 
Tienda De Campaña, Acampar, Campamento
As comidas do sábado e do domingo cada familia levará a súa. A cea do domingo será comunitaria polo tanto todos aportaremos algunha cousa para compartir entre todos. (empanadas, polo, tortillas, embutido, etc etc.) 
Nota: Alí NON hai onde comprar nada.
O Almorzo corre pola conta do club (leite con colacao, madalenas, galletas… etc)
Cada persoa levará o seu material que precise (prato, cubertos e vaso)
O domingo de mañá, ata a hora de comer, faremos unha ruta en kayak polo embalse, por tanto non olvidedes as chanclas, o bañador e a toalla. 
                                   
APUNTÁDEVOS CANTO ANTES PARA FACER PREVISIÓN.