PECHAMOS EN VACACIÓNS (OLLO ÁS LICENZAS)

Chega o mes de agosto e con él a nosa actividade estival no Valle de Tena, a onde nos desprazamos case cincuenta persoas.
Dende a Xunta Directiva desexamos que teñades todos e todas unhas felices vacacións na montaña ou na praia.
O club PERMANECERÁ PECHADO dende 30 de Xullo ata o 1 de Setembro.
NON ESQUECER RECOLLER A LICENZA FEDERATIVA O ANTES POSIBLE.
 PODE RESULTARVOS MOI NECESARIA.
Vémonos en Setembro.!!

POLAS RIBEIRAS DO TEA

 
Ameazaba choiva pero a sorte acompañounos e gozamos do roteiro preparado polo noso socio Manuel Ageitos e levada polo noso guía de sendeirismo, J. María Grova.
O gran protagonista foi o río Tea.
Comezamos na Rectoral de Fofe para chegar á praia de Maceira polo carreiro de “Os Carranos”.
 
A continuación a nosa ruta transcorreu gran parte por sendeiro de pescadores ata a praia fluvial de
“Foxaco” en Mondariz.
 Máis fotos da ruta aquí

A SENDA DAS ESTRELAS

 
Espectacular roteiro preparado polo noso guía Tomás. O sábado saída desde a presa de Ézaro para subir os picos do Castelo de Peñafiel e A Moa no monte Pindo para terminar no pobo de Caldebarcos. 
O domingo con bo tempo e inicio en Caldebarcos o percorrido transcurrio a maior parte pegado ao mar.  
Camiñamos por toda a praia de Carnota con baño incluído e finalizar no pobo de Lira.
Máis fotos da ruta aquí

A CREACIÓN DO CLUB PEÑA TREVINCA

 Ricardo Gurriarán

Xa temos no Local Social esta reedición do histórico libro de Ricardo Gurriarán sobre a fundación do noso club e o nacemento do montañismo en Galicia nos primeiros anos corenta.

Nas súas páxinas recoñeceremos aos nosos pioneiros e  viaxaremos por eses primeiros magníficos anos onde, coas tremendas dificultades que o momento “ofrecía” pero cunhas enormes ilusións, foron quen  de  crear un montañismo asociativo que segue vixente a día de hoxe case oitenta anos despois.

A esta magnífica obra engadimos o material gráfico que serviu para documentar a Exposición sobre o 75º Aniversario que tivo lugar o pasado verán na Casa Galega da Cultura.

Pasade polo club para facervos con este anaco da nosa historia deportiva e asociativa que encheu de emocións  moitos días nas vidas dos socios e socias da nosa querida entidade.

PIRENEOS: VALLE DE TENA do 1 ao 10 de Agosto

Queda pouco menos dun mes para que poidamos, agardamos que esta vez si, disfrutar de uns fantásticos días nunha das zonas máis fermosas e visitada do Pireneo; o Valle de Tena.

Serán oitos as actividades de sendeirismo e montaña, con ascensións por riba dos tres mil metros  como A Gran Facha, Balitús, Infiernos, Garmo Negro etc. E outras máis asumibles para todos dende Sallent de Gállego, Panticosa ou Formigal, dende onde  sairemos para ascender aos Picos de Anayet e percorrer as inmediacións do fermoso Ibón de Anayet.

Tamén  nos achegaremos ao fantástico rocódromo de Jaca para disfrutar das súas magníficas instalacións aqueles escaladores que o soliciten.

Queda algunhas prazas para completar o grupo, polo cal, se alguén está interesado que chame canto antes ao club e recibirá máis información.