Ruta Costera pola peninsula do Grove

 

Co verán xa en marcha e con mais ganas de praia que de monte temos pensado facer unha ultima ruta o vindeiro 27 de Xuño.

Temos preparada un pequeño sendeiro costeiro pola península do Grove que pensamos que vos vai gustar. Son aprox. 8 kilometros que percorren a costa que vai dende o porto deportivo de Pedras Negras en San Vicente do Mar ata a Praia Mexilloeira xa nas inmediacions do pobo do Grove. Será un tramo mixto de pasarelas de madera, area, terra, pedras e algún que outro toxo…

 Nosa idea e patear pola maña e logo xa ir a xantar a Praia e pasalo resto do dia disfrutando dalgun dos fermosos areais que salpican a península grovense. Non vos esquezades a Sombrilla, bañador, crema solar, as gafas de bucear, o balón, as palas…

Sairemos as 9 da mañan dende o Sanatorio Concheiro na praza de España en Vigo. Tamen vos enviaremos a lista de difusión un punto de encontro no mesmo porto deportivo para aqueles de vos que queirades sair no comenzo da ruta.

 Nota. A ruta non é circular polo que teremos que deixar parte dos coches nun extremo do sendeiro.

XLVII INTERPROVINCIAL PICOS DE EUROPA SDT

 

Xa vai chegando a información desta agardada actividade en Picos de Europa que cada ano preparan os nosos amigos da “depor”. O Valle de Valdeón será onde realizaremos as ascensións, tanto do sábado como do domingo, facendo base en Posada de Valdeón.

Como moitos sabedes trátase dunha autentica actividade de montaña onde poderemos recuperar as sensacións montañeiras que tanto botamos de menos os últimos meses. Excelente oportunidade para poñernos a punto e “desempolvar” as botas e os músculos e prepararnos para as actividades fortes de Pireneos.

Lembrar que será preciso saír, en coches particulares, na tardiña do venres para estar de mañá xa moi preto de Valdeón. 

MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO AO CLUB. A LISTA XA ESTÁ ABERTA.

Agradecementos participación Día Mundial dos Océanos (08 de Xuño)

Desfrutamos da proxección do documental “A Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir”. Un documental gravado nas nosas augas onde se expón a fermosura somerxida á vez que se amosa a gran labor científica que se fai para conservala.

    Con nós estivo Jose Irisarri, produtor do documental, quen se quedou ata o final e contestou as preguntas de todos nós. Sen dubida una contribución marabillosa, xa levábamos 40 minutos de debate a aínda quedaban preguntas no tinteiro. Foi xenial ter a unha persoa con máis de 4000 mergullos ás súas costas e xa 40 anos traballando no sector que nos contase anécdotas e destapase curiosidade sobre o mundo mariño.

Penso que todas e todos os que asistimos quedamos encantados coa proxección, dende descubrir como se fan mostraxes de seguimento de quenllas ata ver centolas recorrer centos de quilómetros cos seus enormes peiteados dignos da mellor alfombra vermella. A min ponme moi leda descubrir que existe este gran interese polo noso mar, por como se conserva e por saber que se pode ou debe facer para evitar o seu deterioro.

    Creo que tampouco quedou sen protagonismo Rena Ortega, quen nos amosou un gran abanico do seu traballo como ilustradora, principalmente baseado nos océanos. Vos deixo aquí a súa foto para que vaiades engadindo estas marabillosas obras á vosa lista.

Con iso non me queda máis que agradecer a estas dúas persoas, sen elas este evento non sería posible.

    Tamén quixera agradecer a Luis Álvarez, por facilitarnos de novo o sistema de son, a Faustino por prestarnos o auditorio dos PP. Capuchinos durante toda a xornada. Así como a Alfonso Mandado (UVIGO) e Nuria Rodríguez (Concelleira de Medioambiente-Concello de Vigo) polo seu apoio e colaboración para este acto.

E por último, aos 68 asistentes, que estiveron atentos e activos durante o acto! Espero que poidamos seguir compartindo momentos coma estes 😊

Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente

**Tedes algunhas fotos aquí** 

Agradecemento Limpeza de Praias (06 de Xuño)

 Queremos dar as grazas a tódalas persoas que participáchedes onte na limpeza de praias.

Dende a desembocadura do río Mougás no concello de San Miguel de Oia ata as marismas preto da parroquia de Salcidos, 40 persoas andiveron durante toda a xornada apañando todo o lixo que poideron.

Adicamos máis esforzo a primeira das praias, a desembocadura do Mougás, porque, o non ser zona de praia turística, os concellos non derivan esforzos a recollida de lixo nestas áreas. Só aquí nos atopamos todo o que podedes observar na fotografía, a maioría plásticos, pero tamén algún vidrio, textiles, e ata rodas.

Isto só deixa en evidencia que non está todo feito. A pesar de que a labor dos concellos cas brigadas de limpeza de praias na época estival é moi importante, quero recordar que o máis importante é tirar menos e levar a cabo unha boa xestión dos residuos.

Iso sí, o traballo mereceu a pena o ver o resultado 😊

No resto da xornada atopamos un pouco de todo, dende alfombras e colchóns ata cordas, pasando por envases, colillas, vidrio, escombros, utensilios hixiénicos, seguido de un longo etc.

Gustaríanos agradecer a colaboración aos concellos de San Miguel de Oia e A Guarda por recoller e xestionar os refugallos apañados durante esta xornada.

Tamén agradecer a Manuel por vir con nós e ilustrarnos coa súa sabiduría sobre a zona (non vos perdades a súa web “El Naturalista cojo) e a Kiko, socio do club, por colaborar persoalmente en toda a organización da saída.

Tamén dar os máis sinceiros agradecementos a Manuel de Tamuxe Kayaks por colaborar con nós deixándonos os kaiaks a metade de prezo para que todos e todas puidéramos desfrutar desos maravillosos 7km remontando o río Miño e o río Tamuxe, unha ruta fermosísima.

Así mesmo, agradecer a Jose Irisarri e Rena Ortega por compartir con nós este día tan especial deixándonos moitas ganas de falar con eles mañá, día Mundial dos Océanos, ás 8pm no auditorio dos PP Capuchinos. Cita que temos gardada para asistir a proxección do documental “O Mar do fin do mundo: Marcados para sobrevivir”. Deixo aquí a noticia que contén o trailer porque non ten perda.

Vos deixo AQUÍ o link cas fotografías que sacamos durante a saída do domingo.

 Moitísimas grazas a todos por participar!

Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente.

A SENDA DAS ESTRELAS (Etapa II)

 


Monte Pindo-Caldebarcos-Paia de Carnota

26 e 27 de xuño



Xa está aberta dende hoxe martes 8, a lista de inscricións para a segunda etapa da Senda das Estrelas.


Nesta etapa  comezaremos no monte O Pindo, dende o encoro do Ézaro.

Esta ruta interior ascende o rego Caldeiras, pasando polo castelo de Peñafiel e a cova da casa da Xoana. Unha vez baixemos da Moa ata aldea do Pindo “pola vía normal”, percorreremos toda a rasa da Costa Cabra, dende Quilmas ata Caldebarcos.

Nesta apracible aldea de Caldebarcos, entre casas de pedra, hórreos e barcas de madeira, ancorou a súa vida, hai máis de trinta anos, a artesá ceramista Charo Pereiro. No noso recordo sempre, in memoriam; as súas coleccións de peixes de cores son o mellor tributo a esta salvaxe costa de Carnota.

Praia de Carnota (Turgalicia)


O domingo volverá o protagonismo para Caldebarcos. Preto de alí arranca a “Ruta dos muíños” do rego de Amil- Valdebois, que faremos circular, para continuar logo pola eterna praia de Carnota, 7 km inacabables de area finísima en perfecta forma de media lúa, que na baixamar chega a ter ata 1 km de anchura. É un mundo natural noutra dimensión. 

Remataremos a ruta na sonora vila mariñeira de Lira, cansos, satisfeitos, derrotados con tanta beleza.

 

 Non volo podedes perder!!!!

A lista pecha o mércoles 23 xuño.

Máis información chamando ao club

ESCALADA INFANTIL

El pasado sábado día 29 finalizaba el curso de escalada en búlder que nuestros futuros escaladores realizaron en el club durante los tres últimos meses. Pero esta última clase la recibieron en el rocódromo  de la UVigo que, a primera vista, les causó una nueva “sensación” cuando lo tuvieron delante.

Sin embargo, como podéis ver en las fotos, se lucieron en el muro como verdaderos gatos. 


Esperamos que, el nuevo curso, algunos de estos niños y niñas tengan en la escalada un lugar donde ser felices y formarse como buenos y sanos deportistas.


Ver máis fotos aquí

COÑECENDO AS NOSAS ILLAS ATLÁNTICAS

 



Si no ano 2019 vistamos as queridas Cíes este ano, o pasado día 30, tocoulle a tamén moi visitada Illa de Ons nunha xornada, meteoroloxicamente falando, extraordinaria. Preto dun cento de persoas nos distribuímos en cinco grupos que, acompañados polos excelentes  guías de Alecrín, fomos coñecendo datos e lugares que non sempre se obteñen nas visitas particulares.


Un reencontro primaveral ca Natureza moi agradable, a pesares de manter os protocolos covid en todo momento, que moitos agardábamos e que, pouco a pouco, volve a dar “mobilidade” ao noso club. “NAVEGAMOS DE NOVO”.



DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS (6/8 de Xuño)

 

Recordatorio Actividades

Domingo 6 de Xuño

Grupo de andaina:

Comezaremos a marcha 3km antes de A Garda camiñando sempre pegados á costa ata chegar a desembocadura do Miño en Camposancos. Durante o traxecto iremos recollendo plásticos edemais “obxectos perdidos” que atopemos. Despois completaremos a xornada cun percorrido cheo de marabillosas vistas que nos levará a subir ao Monte de Santa Trega para descender cara A Garda.

Grupo de kaiak:

Comezaremos camiñando no estuario do río Miño, en Salcidos, ata a mesma desembocadura do río en Camposancos. Durante o percorrido apañaremos calquera tipo de lixo que se atope preto do río, nas marismas, no pinar ou na praia. Sobre as 14h. Nos dirixiremos o punto de encontro cos kaiaks, na praia da Armona, para dar comezo a segunda parte da xornada remontando o río Miño que nos levará sobre 2 horas e onde tamén levaremos bolsas para ir apañando o que atopemos na ribeira do río. Lembrade levar traxe de baño e calzado que se poida mollar, a roupa quedará no bus.

Para ambos grupos o autobús sairá ás 9:00 dende la Plaza de España.

Sección Infantil:

Os nosos compañeiros máis pequenos poderán axudar en todo o tramo de recollido de lixo a pé que fará o grupo do Kaiak para chegar ata a Praia do Muíño onde decidirán quedarse ou camiñar un tramo máis de costa antes de regresar a casa.

Facilitaranse bolsas e luvas para as labores de limpeza

Martes 8 de Xuño

Nos xuntaremos todos no Auditorio dos PP Capuchinos (Vázquez Varela, 15) ás 20h para desfrutar do excelente documental ““O Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir” onde nos acompañará o seu produtor Jose Irisarri. Nese mesmo espazo tamén contaremos coa presencia da ilustradora mariña Rena Ortega.

NON PERDADES ESTA DATA!