SENDEIROS, MINAS, COVAS , ESPÉLEO EN MONDOÑEDO

 

Outra fin de semana completísima, desta volta en Mondoñedo,   Celebrando a  IV SEMANA DA ESPELEOLOXÍA.

Apoiados para elo polo Club Cetra, realizamos o sábado unha actividade que nos levou a visitar a Mina Consuelo, en Vegadeo, cun interesante percorrido posterior polo antigo trazado do ferrocarril. Mentres a sección de espéleo  desprazouse á Cova do Rei Cintolo con Suso, Alfredo  e Marcos Vaqueiro co seu equipo para percorrela en boa parte tras cinco horas alí metidos.

Tras pasar polo seminario, onde fixemos pernocta, nos desprazamos ata o auditorio municipal para disfrutar dunha interesantísima proxección sobre as covas e ríos subterráneos do Espeleoparque da Mariña.

Para o domingo quedou un novo percorrido sendeirista pola Ruta da Auga e a visita máis curta e doada  á Cova do Rei Cintolo,  en dous grupos de dez persoas, mentres os demais seguían camiñando.

Grazas a club CETRA e a Suso Expósito,  unha vez máis, e a todos vos con que disfrutamos unha boa fin de semana que, grazas aos que nos enviástedes fotos, podemos lembrar AQUI.

Gañadores III concurso de fotografía dixital -O COUREL-

Bastón dun montañeiro que sinala cara os confines das fronteiras galegas. Foto tomada ao baixar do cumio Formigueiros.

Quero agradecer aos nove participantes do concurso de fotografía dixital que se celebrou na ponte de tódolos santos no Courel!

Pasamos unhas xornadas marabillosas desfrutando do entorno, aínda con tempo chuvioso, e é xenial que ademáis de camiñar vos animárades a facer fotos. E mellor aínda, vos animárades a escribir un pequeno texto describindo o que se amosaba nas vosas fotografías, nalgunhas ocasións eso marcou un desempate!

Foron nove os participantes que acadaron a enviar as fotos a tempo e catro membros do xurado que fixeron o fallo. A decisión non foi nada doada, primeiro se descartaron algunhas fotos que non acadaban a resolución suficiente e despois se acadou a valorar as fotografías seguindo a esta rúbrica.

Así que sen máis dilación vos paso a presentar o primeiro e segundo premio de cada categoría, debaixo vos amoso o título e as descricións de cada obra no caso de telas.

CATEGORÍA PAISAXE

1º Posto para Cristina Nogueira, cunha fermosa foto dun recunchiño do Courel.

«Paisaxe de cotas altas da Devesa da Rogueira. No primeiro plano unha faia ferida co tronco recuberto por líquenes. Ó fondo pinos silvestres e carballos.»

2º Posto para Raimundo Alonso, que ademais de compartir a súa sabedoría con nós durante a viaxe, nos deixa esta fermosa lembranza da paisaxe.

«Devesa da Rogueira»

E máis de preto nos imos coa CATEGORÍA MACRO

1º Posto para Martina de la Cruz pola súa fermosa foto dunha especie que só habita en chans básicos polo que se pode observar no Courel pero moi dificilmente no resto de Galiza.

«Una niña de 10 años tomó una cámara entre sus manos, cual piedra, y capturó el tiempo en un instante. Cuando esa niña, en su edad madura, cobre conciencia del acto intuitivo, como lo consideraría Descartes como una verdad pura, inteligible y sensible, cual alegoría de esta Erinus alpinus a la que se conoce como Siempreniña. Si pudiese mostraros la metafotografía, la imagen que nos habla de la imagen; una niña al borde del camino, frente a un muro verde lleno de musgo, en la línea imaginaria que separa la umbría de la solana; se había rezagado del grupo, para en su soledad y silencio e ensimismamiento contemplativo buscar su fotografía, aquella que había estado buscando durante el camino, y allí estaba su oveja. Aceptó un consejo e hizo su toma, la que decidió hacer, a su manera, la correcta. Una Siempreniña.»

2º Posto para Raimundo Alonso, de novo, onde aquí nos asombrou con este fermoso líquen dos renos e a súa descritiva. Sen dúbida unha foto moi apropiada para a vindeira época navideña!

«Cladonia rangiferina, también denominado liquen de los renos, es un liquen fruticoso de color claro que pertenece a la familia Cladoniaceae. Crece tanto en climas cálidos como fríos en medios ambientes abiertos con buen drenaje. Se lo encuentra principalmente en zonas de pradera alpina y tundra, es extremadamente resistente al clima frío. Otros nombres comunes son musgo de los renos y musgo del caribú (aunque no es un musgo). Tal como indica el nombre, el liquen de los renos es un alimento importante del reno (caribú), y por lo tanto posee importancia económica. El liquen de los renos, al igual que muchas especies de líquenes, es de crecimiento lento (3–5 mm por año) y le puede requerir años recuperarse en zonas sobre pastoreadas, quemadas, o que hayan sido molestadas. Los talos son fructosos y sumamente ramificados, cada rama por lo general se subdivide en tres o cuatro (a veces dos); las ramas más gruesas miden por lo general 1–1.5 mm de diámetro. El color es grisáceo, blanquecino o gris amarronado.  C. rangiferina forma extensas alfombras de hasta 10 cm de espesor. Carece de una corteza bien definida (una capa protectora que recubra al talo, análoga a la epidermis de las plantas), en cambio posee una capa suelta de hifas que cubre los fotobiontes. El fotobionte relacionado con el liquen del reno es Trebouxia irregularis. Crece sobre humus, o en suelo sobre rocas

Moitísimos parabéns os gañadores! Non vos esquezades de pasar a recoller o voso premio no acto social de entrega de trofeos anual que se celebrará no auditorio dos PP. Capuchinos o día 17 de decembro ás 20:30h.

Os membros do xurado foron Julio Eiroa, Carlos González, Carlos Garrido e Cristina Fernández, aos que se lles agradece moito a súa colaboración durante a impresión, selección e exposición das fotografías.

VOS ANIMO A PASAR POLO CLUB PRA VELAS 6 FINALISTAS DE CADA CATEGORÍA, ESTÁN IMPRESAS EN GRANDE E VALE A PENA OBSERVALAS!

Unha aperta e vémonos nos montes e nos mares,

Cristina Fernández González, Vogal de Medioambiente

Enlaces relacionados

Podedes ler a entrada anterior sobre o Courel aquí!

Rúbrica III Concurso de fotografía dixital do Courel

RÚBRICA PARA EVALUAR UNHA FOTOGRAFÍA

Nome do autor/a: ___________________________________________________

CATEGORÍA 4 EXCELENTE (2.5/1ptos) 3 SATISFACTORIO (1.67/0.5pts) 2 MELLORABLE (0.84/0.25pts) 1 INSUFICIENTE (0/0pts)
CONTIDO (2.5pts) Do 76 ao 100% da imaxe ten contido relevante. Os elementos significativos da fotografía

están contidos na imaxe.

Do 51 ao 75% da imaxe

ten contido relevante.

Os elementos significativos da fotografía están contados na imaxe.

Do 26 ao 50% da imaxe ten contido relevante.

Algúns elementos significativos da fotografía

están contidos na imaxe.

Do 0 ao 25% da imaxe

ten contido relevante.

Varios elementos significativos da fotografía non están contidos na imaxe.

ORGANIZACIÓN ESTÉTICA (2.5pts) Identifícase o primeiro plano perfectamente, é de gran interese e ademais dirixe ao observador cara o tema principal.

O tema principal

destaca notablemente.

Identifícase o primeiro plano perfectamente, e ademais dirixe ao observador cara o tema principal.

El tema principal destaca.

Resulta difícil identificar o

primeiro plano, que non dirixe ao observador cara o tema principal.

O tema principal se confunde co el primeiro plano.

Non se pode identificar un

primeiro plano.

É difícil determinar cal é o tema principal da fotografía.

CREATIVIDADE (2.5pts) O tema principal ten forte presenza e é moi rechamante. A composición da fotografía ten elementos innovadores. O tema principal é bastante rechamante.

A composición da fotografía ten algúns elementos

innovadores.

O tema principal é pouco rechamante.

A composición da fotografía ten algúns elementos

irrelevantes.

O tema principal é simple e escaso.

A composición da fotografía está saturada de elementos

irrelevantes.

TÉCNICA (2.5pts) A fotografía está moi ben enfocada e o contraste é óptimo.

Os reflexos e puntos brillantes están moi ben tratados. As cores son limpas e fortes.

A fotografía está moi ben enfocada e o contraste é adecuado. Os reflexos e puntos brillantes son mínimos. As cores son limpas e fortes. A fotografía está desenfocada

nalgunhas partes e o contraste é inadecuado. Aparecen algúns reflexos e puntos brillantes.

As cores son pouco limpas e fortes.

A fotografía está desenfocada

E o contraste é inadecuado.

Predominan reflexos e puntos brillantes.

As cores son débiles.

CATEGORÍA 1 EXCELENTE 0.75 SATISFACTORIO 0.5 MELLORABLE 0 INSUFICIENTE
DESCRICIÓN AMBIENTAL E CLASIFICACIÓN EN AUTÓCTONO/ALÓCTONO (1 pto) O autor fixo unha descritiva ambiental do que se observa na fotografía prestando especial atención a se se mostran especies alóctonas o autóctonas sen equivocación. O autor fixo unha descrición ambiental do que se amosa pero chegou a unha conclusión errónea respecto a se son especies autóctonas o alóctonas. O autor só fixo unha descrición da fotografía sen mencionar se se trata de especies autóctonas o alóctonas. O autor non fixo ningún tipo de descrición de la fotografía.

 

 

ACTO DE PRESENTACIÓN FASCIMIL PEÑA TREVINCA

Xoves 18 ás 19,30 h

Casa do Deporte, Rúa Luís Ksado, 17 (Edificio federacións)

Entre 1944 e 1950, primeiros anos do Club Peña Trevinca, se publicaron un número importante de revistas do club con interesantísimos detalles e relatos daquela etapa.

Ca súa lectura un pode  descubrir as inquedanzas e dificultades por botar adiante a nosa entidade a través de excelentes escritos e colaboracións. Nun dos seus números mesmo figura un  artigo, “Cumbres en el Horizonte”, de Don Ramón Otero Pedrayo.

Da importancia que tivo no seu momento esta revista nos falará o mestre, e xa Socio de Honra do noso club,  Ricardo Gurriarán, coñecedor polo miúdo de todo o relacionado co nacemento e os primeiros anos do noso club.

AGARDÁMOSVOS.

RECORDATORIO ACTIVIDADE EN MONDOÑEDO

Detalles a ter en conta para a actividade en Mondoñedo:

Hora saída bus, Praza de España: 7:00 h (non hai parada en o Porriño)

Unha mochila preparada para camiñar xa ao chegar con comida, auga, frontal ou lanterna e casco. Vale casco de bici. (O CLUB O LEVARÁ PARA AQUELES QUE MANIFESTARON QUE NON TEÑEN). O temos que levar todos para a visita do sábado a Mina do Consuelo. Visita sen complicacións e doada de facer.

Outra mochila co necesario para levar ao albergue. Sen acceso a ela ata chegar ao destino.

Non é necesario levar saco de durmir.

DE TODO NO COUREL

Pensamos que é un bo título para resumir o vivido a pasada finde no Courel.

Actividade a que acudimos coa S. Infantil-Xuvenil  e na cal coincidiron, anecdocticamente,  dous socios recen chegados ( catro días como tal uns) con outros dous que xa levan 60 anos…e seguen. Grande o noso Club.

Bo tempo para camiñar o sábado e tremenda noite de choiva xa pola noite e na mañá do domingo. Circunstancia esta que nos levou a pospoñer a visita a Rogueira e baixar  a Quiroga para visitar dous museos, xeolóxico e etnográfico.  Sabia decisión pois pagou moito a pena e animamos a que non os coñeza  a que os visite en canto poida.

Antes da cea tivemos unha animada “previa” cunha actuación inesperada de Santi Veloso  e Enrique Toba e as súa guitarras, EXTRAORDINARIO.

Logo xa na noite, e tras cear….MAGOSTO A TOPE:  Música tradicional con tres gaiteiros, Anselmo, Toba e Isma, tamboril e varias pandereteiras que, xunto cas animadas voces, fixéronnos pasar unha boa troula a pesares de que a choiva continuaba os poucos. MOITAS GRAZAS A TODOS. Ah…tamén xantamos castañas asadas, claro, con algún “acompañamento” da terra.

 

Xa o luns visitamos a Devesa da Rogueira en tres grupos. Antes de comezar puidemos disfrutar  das explicacións sobre botánica e as características naturais  especiais que agocha esta devesa a través das explicacións que nos deu  o socio Raimundo Alonso. Moitas grazas tamén pois complementou  perfectamente a iniciativa da Vogalía de Medioambiente que promoveu esta actividade da man  da vogal Cristina Fernández.

E, por si era pouco, mais de dez socios/as participaron no CONCURSO FOTOGRÁFICO  do cal  nestes momentos podemos dicir que xa doce fotografías  (6+6  de cada temática)  pasaron a primeira criba antes de ser expostas no club e determinar as gañadoras, decisión que, tal como recollen as bases, o xurado emitirá o 19 de novembro.

Un grato recordo dos que participamos que podemos rememorar AQUÍ

PREMIO GALICIA Á XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE 2020

PREMIO GALICIA Á XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE 2020

  (AGAXEDE)

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

O pasado 19 de outubro, nun acto celebrado no concello de Arteixo, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia recibía o premio á Xestión Sostible no Deporte 2020.

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) tras a  reunión do xurado o 28 de setembro de 2021, así nolo comunicou. Este premio revaloriza todo o traballo que no eido deportivo, e de maneira altruísta,  foi desenvolvendo a nosa entidade durante máis de 75 anos. Tamén se fixo constar, e así o resaltaron, o labor que nos últimos tempos se vén levando a cabo relacionado co medioambiente e a súa defensa.

Este galardón ten un gran significado para o club e para os seus socios, máxime tendo en conta que o xurado estaba composto por entidades tan significativas como a Secretaría Xeral para o Deporte, a Fegamp, a prensa deportiva, a Ufedega, as Facultades de Ciencias do Deporte de A Coruña e de Vigo e o Colef-Galicia.

Nun acto entrañable e co auditorio cheo de autoridades do mundo do deporte, da empresa e deportistas, recibimos este recoñecemento de man de Alfonso Mandado, director da Área de Deportes  da UVigo e persoa dunha longuísima traxectoria, tanto deportiva como de representación no mundo do deporte a nivel nacional.

Xunto co noso club, tamén foron premiados nesta XI edición, polo seu traballo a prol do deporte e da sociedade, as seguintes entidades e persoas:  Fundación Deporte Galego, da Xunta de Galicia, o Concello de Baiona, Abanca, a  Fundación Emalcsa, a carreira S. Martiño de Ourense, Global Traktus e Juan Antonio Muñiz Barbeito e Francisco García Bello (recoñecementos especiais a toda unha traxectoria no  mundo do deporte). Como mellor xestor deportivo foi nomeado  Roberto Ramos Piñeiro (socio fundador e CEO do Grupo BeOne).

Foi un enorme orgullo poder representarvos a todos vós, socios e socias, e tiven ocasión tamén, nunhas breves palabras dirixidas ao público, de lembrar o espírito co que nacía o noso club, en 1944: fomentar o asociacionismo naturalista e deportivo. Unha pretensión que, entre tantas persoas que pasaron  por esta asociación, fixemos realidade.

Seguiremos traballando por iso e mais pola defensa do medioambiente, unha necesidade imperiosa hoxe en día.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS POR ESTE GALARDÓN.

Carlos Garrido Costas.

Ver imaxes AQUÍ

ESCALADA INFANTIL NO BÚLDER DO CLUB

Un ano máis imos comezar estes cursiños de escalada para os máis novos no búlder do Local Social. As idades serán de 6 a 10 anos e terán lugar os MARTES de 18  a 19,30 h e os SÁBADOS de 11,30 a 13 h.

A nosa intención é que duren de novembro ata abril de 2022 e nos últimos meses, cando sexa posible, achegalos tamén ao rocódromo da UVigo ou ao Galiñeiro  a que practiquen algo de corda.

O grupo dos sábados comezará as clases o 6 de novembro e o dos martes farao o día 9. Unha vez obteñan praza será preciso tramitar a Licenza Federativa, no caso de que non a teñan.

Serán grupos de seis nenos/as así que estade moi atentos á  inscrición que comeza o mércores día 3, tendo que chamar ao club, 986 42 05 51,  a partir das 19,30 h.

SENDERISMO E COVAS EN MONDOÑEDO

Compre aclarar que, dentro da celebración da IV Semana da Espeleoloxía en Mondoñedo, tanto o sábado 13 como o domingo 14  de novembro tamén teremos actividade sendeirista como en calquera outra actividade do club.

Así, o sábado, dentro da ruta que faremos en A Pontenova, vistaremos de xeito gratuíto a  mina de Consuelo, dunhas dúas horas de duración, para a continuación continuar camiñando. Logo nos desprazaremos a Mondoñedo para participar, tras unha pequena visita turística, nun acto no auditorio municipal sobre covas e ríos subterráneos do Espeleoparque da Mariña.

Para o Domingo, de xeito voluntario e con prazas limitadas, poderemos visitar A Cova do Rei Cintolo e continuar cunha nova marcha sendeirista na zona.

Para a  actividade puramente de espéleo xa están cubertas as prazas e solicitado o permiso. Para os máis pequenos teremos unhas rutas doadas para eles, ademais da visita á mina que tamén poderán facer e disfrutar.

Estaremos aloxados no Seminario de Santa Catalina, excelente lugar en Mondoñedo que paga a pena coñecer.

A lista vai moi ben pero necesitamos comunicar canto antes a cifra de participantes. Si vos animades a acompañarnos, por favor, chamar canto antes para apuntarvos.

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSONAL EN LA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES DE MONTAÑA Y ESCALADA (FEDME)

PUESTO : Coordinador/a de la Oficina Técnica de Eventos Deportivos (OTE) de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME). 

BREVE DESCRIPCIÓN : Queremos contratar a una persona que coordine y ejecute, de principio a fin, todas las actuaciones relacionadas con los Eventos Deportivos competitivos que organiza la FEDME; desde el apoyo al equipo deportivo de la FEDME asignado a cada deporte, planificación estratégica de los eventos FEDME, coordinación interna y externa de gestiones, trabajo con las Organizaciones Locales en donde se celebren las pruebas, relaciones con patrocinadores, ticketing, marketing y comunicación online y offline, presupuestación de futuros contratos y relación contínua con empresas contratadas por FEDME hasta la gestión parcial del pago a proveedores, búsqueda y gestión de patrocinios y colaboradores, transporte y alojamiento del equipo FEDME, seguimiento de presupuestos sin desviaciones, evaluación de eventos deportivos, gestión de premiaciones y protocolo
social, redacción y seguimiento de convocatorias de candidatura para futuras temporadas
hasta su análisis y propuestas futuras,…

CARACTERÍSTICAS PERSONALES : buscamos a una persona empática, con capacidad para gestionar el tiempo y priorizar tareas, organizado/a, con habilidades de comunicación y de sociabilidad, con creatividad a nivel de pensamiento y de acción, con capacidad de resolución, con vocación por el trabajo en equipo y con capacidad observadora, buena negociadora y detallista, con capacidad para trabajar bajo presión, con buena condición física y gusto por las tecnologías, con capacidad de aprender muy rápido, con ganas de no tener un trabajo rutinario y ganas de viajar y de crear una red para aunar todos los esfuerzos con un objetivo común.

LUGAR DE TRABAJO : La sede social de la FEDME está en Barcelona, pero la persona contratada podrá teletrabajar por lo que no tiene que tener su lugar de trabajo en esta ciudad.

MOVILIDAD : Este puesto puede conllevar alguna movilidad geográfica y disponibilidad horaria plena.

EQUIPO DE TRABAJO : Esta persona trabajará transversalmente con con los equipos deportivos de la FEDME y con un equipo relacionado especialmente con Comunicación y Marketing.

DEPENDENCIA ORGÁNICA : Dependerá directamente del Área de Gestión de la FEDME.

FORMACIÓN REQUERIDA : Titulación universitaria, o profesional, relacionada con alguno de los campos o del deporte, o con la organización, o con la comunicación, o con la administración y dirección de empresas, o con la publicidad.

 

FORMACIÓN DESEABLE : Se valorará cualquiera otra relacionada con el desempeño del puesto de trabajo.

CONOCIMIENTOS DE INFORMÁTICA : Imprescindible manejar herramientas básicas de manera eficiente como
– Facebook, Instagram, Twitter,… y elaboración de informes sencillos de KPIs.
– Correo-e y ofimática nivel alto de Word, Excel y PowerPoint.
– Manejo de Google y sus aplicaciones laborales (Drive, Google Fotos, Maps, Meet,
Calendar, Blogger, Formulario s,…)
– Marketing online (email marketing, creación de streaming de los eventos deportivos,
localización y gestión con influencers rigurosos,…)

EXPERIENCIA PREVIA : Mínimo de 3 años de experiencia, profesional o voluntaria, en la gestión de eventos deportivos, y experiencia contrastada en su ejecución, interlocución y coordinación de competiciones deportivas o para federaciones deportivas internacionales, o estatales o autonómicos, o para clubs deportivos, o empresas.

TIPO DE CONTRATO LABORAL Y SALARIO : Contrato de jornada completa durante 12 meses, prorrogables, y salario a convenir.

IDIOMAS : Obligatorio altísimo dominio oral y escrito del castellano, y deseable, pero no esencial, dominio de inglés y/o francés.

TRAMITACIÓN DE SOLICITUD PARA PARTICIPAR EN EL PROCESO :
1. Lee y entiende bien lo que buscamos en la FEDME
2. Abre y lee hasta el final el formulario por el que tienes que enviarnos tu solicitud en
https://forms.gle/jSY5yTbngE9YjWQ89
3. Cubre el formulario completamente y envíanos tu solicitud; ojo que una vez que nos
la envíes no habrá opción de cambios. El plazo termina el 29/X/21 a las 23.59h.
4. Nosotros la leeremos y os contestaremos por correo-e a todas las solicitudes con el
resultado que acordemos.
5. Con los/as finalistas, haremos una entrevista virtual.
6. Resolveremos el proceso de selección.
7. A trabajar en FEDME, bienvenido/a.