Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Espeleoloxía, Actividades Sociais-Culturais

2021: O Ano Internacional das Covas e do Carst


¿QUÉ É O IYCK?

No ano 2021 os espeleólogos de todo o planeta celebran o Ano Internacional das Covas e do Carst (IYCK), unha iniciativa promovida pola Unión Internacional de Espeleoloxía (UIS) que comenzou a súa andaina a finais de 2018 cunha idea moi clara: Canto mais coñecemos, mais podemos protexer e conservar.

O Ano Internacional das Covas e do Carst é un proxecto mundial para ensinar a todos sobre os recursos naturais que existen nas covas e que son de importancia crítica. Por elo o IYCK-2021 e as súas actividades, teñen como eixo fundamental compartir e divulgar coñecemento sobre o mundo subterráneo. E cunha idea moi clara: búscase achegar o coñecemento e a experiencia das covas ao público alleo ao mundo da espeleoloxía. E isto abrande aos estudantes e investigadores, ao público xeral, aos turistas espeleolóxicos (turismo deportivo, turismo aventura e turismo científico) … E tamén, por  canto das súas actuacións depende a protección, aos políticos e xestores do territorio.

AS COVAS E A SÚA IMPORTANCIA

Existen tres grupos principais de covas: As cársticas, desenvoltas por disolución das  calías ou dolomías; as paracársticas desenvoltas por disolución de cuarcitas, xeso ou de sal; e as pseudocársticas que acolle a todas aquelas covas que non se desenvolveron por disolución: Isto abrande dende as areiscas ate as rochas magmáticas (volcánicas e plutónicas).

As calías e dolomías dan lugar ás maiores covas que se coñecen. Por destacar dúas: Mammoth Cave System en USA con 663 km de cova e a Sima Veryovkina en Georgia que acada os 2.212 m de profundidade.

Podedes consultar os récords de desenvolvemento e profundidade das covas do Mundo aquí: http://www.caverbob.com/

E si mirades no apartado adicado a “World Longest Talus, Conglomerate & Other Types”, seica algúns vos levades a sorpresa de descubrir que en Galicia temos algunhas das covas en granitos máis grandes do Mundo.

En Galicia abundan os granitos, e as calías apenas acadan o 2% da superficie da  nosa comuniade.

Estímase que o carst cobre ao redor do 20% da superficie terrestre do Mundo, ao tempo que aporta auga para aproximadamente ao 10% da poboación mundial. Logo preservar as covas, e preservas as fontes e a auga para moita xente.

As covas:

  • Achegan coñecemento científico único sobre o cambio climático, os recursos minerais, a agricultura e incluso a búsqueda de vida noutros planetas.
  • Acollen a morcegos que apoian a producción de máis de 450 alimentos, medicamentos e productos industriais,
  • Son lugares únicos do patrimonio natural que implican ademáis unha fonte millonaria para as economías de moitos países a través do turismo espeleolóxico.



    ¿QUÉ IMOS FACER OS ESPELEÓLOGOS GALEGOS DURANTE O IYCK?

    Dentro do colectivo espeleolóxico galego, tan só a Federación Galega de Espeleoloxía e o Club de Espeleoloxía A Trapa asinaron como partners (colaboradores) coa UIS en prol de promover o IYCK-2021.

    Polo de agora as actividades que se están a desenvolver céntranse en “compartir coñecemento”.

    Por exemplo a Federación Galega de Espeleoloxía apostou entroutros por dous grandes proxectos: O desenvolvemento do Atlas Dixital Galego de Covas e Canons, que será un atlas dinámico baseado nun XeoServer e que será unha boa ferramenta para os espeleólogos, os investigadores, pero tamén para os xestores do territorio por canto poderán previr impactos nas covas (obras públicas), afeccións patrimoniais, xestión de áreas protexidas, .. E mesmo para rescates ou emerxencias. E o desenvolvemento do Espeleoparque da comarca da Mariña, no norte da provincia de Lugo: A idea é aproveitar que existen covas cársticas, paracársticas, pseudocársticas e covas de consecencia nunha mesma área, para promover unha visión diferente, enriquecida, e cientifico-deportiva da espeleoloxía.


    E dende o C. E. A Trapa estan a desenvolver dous programas abertos de actividades que podedes seguir na súa web  (http://cetra.es/iyck.html) e no seu Facebook (https://www.facebook.com/CETRA-106881691266922): Por unha banda estan a sacar unha serie de video-presentacións curtas agrupadas baixo dous títulos: “Non é o mesmo imaxinar que vivir” e “En calquer rocha … en calquer lugar”. En todas elas integramos animacións das covas e fotografías, para amosar todos os valores e recursos relacionados coa xeodiversidade, biodiversidade e patrimonio cultural que existen nas covas. E por outra fixeron unha campaña en centros educativos para achegarmos e presentar aos estudantes o que son as covas e a súa importancia. Sobre todo pensando que hai moitas cousas que os nosos rapaces non coñecen, que os seus libros non contan, e que nembargantes están presentes nas covas galegas… É algo que poden contar os infantiles e xuveniles de C.M. Trevinca e CETRA xa que nalgunhas actividades puideron ver nas covas dende fósiles de crinoideos, ate rabuñazos de osos cavernarios, …

    ¿QUÉ ESTAMOS A “ARGALLAR” ENTRE C.M. TREVINCA E CETRA APROVEITANDO O IYCK?

    As actividades conxuntas que temos desenvolto os últimos anos sairon moi ben: O campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía do 2019 rompeu récord de participantes (máis de 63 deportistas). Tamén os nosos cativos (que xa non o son tanto) participaron con moito interés nas saídas máis técnicas ao Courel (sima de A Tara), ou ao Castelo da Furna (Sima de A Furna), ou cando fixemos a travesía polo curso subterráneo do Sistema de A Trapa (Ribadelouro); tamén na xornada de TPV de 2019, ou no Campamento Xuvenil de 2020 (Serra da Enciña da Lastra) centrado en topografía subterránea.

    E iste ano a aposta é seguir facendo cousas xuntos.

    E as actividades (covas e roteiros) queremos centralas no Espeleoparque de A Mariña, retomando o proxecto da IIIª Semana da Espeleoloxía de C.M. Trevinca que estivemos a organizar en 2020.

    Escollimos o espeleoparque porque nos ofrece cinco recursos naturais moi interesantes:

    1. Por un lado porque hai covas moi sinselas e relativamente accesibeis nas cuarcitas da costa de Burela, entre O Perdouro e Areoura. Algunhas requieren montar corda e facer un curto descenso. Outras un simple “destrepe”. Pero “mar” e “covas” sempre é unha mistura moi chamativa. E na mesma zona hai algúns roteiros centrados en xeositios protexidos.
    2. Despois porque hai algúns xeo-morfositios, que se poden facer en roteiro, e que acadan lugares como o castelo da Frouseira, cunhas vistas espectaculares.
    3. En terceiro lugar porque tamen hai covas en granitos de diversa entidade entre Foz e Mondoñedo. Unha delas coa colada de pigotita máis grande das que se coñecen. E outras moi accesibeis. Tamens alguns canóns en rocha xa instalados.
    4. En cuarto lugar polas covas en calías e dolomías do concello de Mondoñedo. Sabedes que estamos a traballar no proxecto “Rei Cintolo: Obxectivo 11.000 m”, o que ademáis de ser un gran reto estamos a dar un moi bo coñecemento da cova. E isto levounos a preparar in mente algúns roteiros moi interesantes para facer cos xuveniles nos niveis máis fondos da cova para que o pasen ben e descubran   inmensidade das profundezas galegas: A idea é achegarmos a unha sala cuxa bóveda se ergue a máis de 22 m de altura por riba nosa, visitar o río da cova e un dos seus lagos (o Lago Sur), achegarmos tamen a unha zona da cova onde as estalactidas e helictitas son azuis e verdes (polo cobre), … Uns roteiros baixoterreños para pasar casi todo o día baixo terra, e que diriximos aos nosos xuveniles porque teñen algúns pasos algo … como dicilo … entretidos … con escalada … con auga … con lama (mooooita lama) … e con corda.

    No mesmo concello tamen hai varias covas máis que se poden visitar cos infantiles como A Capela, Arcos-Zorros, Pozo Caldeiro, Lobos, Cova de Arcos o da Meiga, … Ou o roteiro turístico da cova de Rei Cintolo.

    1. E por último lugar, porque na comarca, destacando sobre todo A Pontenova, hai o que chamamos “covas de consecuencia”: Vellas minas que co paso do tempo se “naturalizan”… De feito trataríamos de visitar é Mina Consuelo, que ten máis de 3 km de desenvolvemento con zonas cheas de formacións de malaquita e azurita entroutras belezas.

    Iso si: Hai que agardar que poidamos desenvolver actividades, inda que sexa en grupos reducidos, ao igoal que fixemos no último campamento Infantil/Xuvenil de Espeleoloxía. 

    E lembrade: “Non é o mesmo imaxinar que vivir… ¿Non queres participar?