Actividades Actividades Sociais-Culturais

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

“Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo, e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é mais que unha obra de arte. É a matriz inagotable de Obras de Arte.”

Castelao, Sempre en Galiza.

Este 17 de Maio, día da nosa lingua, está adicado a Florencio Delgado Gurriarán (Corgomo-Valdeorras 1903. California 1987).

Florencio foi avogado, poeta, membro do partido galeguista, exiliado e táboa de salvación de moitos refuxiados do franquismo en México e aliado  compañeiro de Castelao. Home vital, humilde e sen pretensións, que viviu cincuenta anos fora da súa Valdeorras natal.

Como outros anos o  club quere ser portavoz  tamén desta Homenaxe. E máis cando en  Valdeorras atopase en boa parte a orixe do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e cando Florencio viña sendo curmá do fundador do noso club o doutor Gonzalo Gurriarán.

Deixámosvos aquí dous enlaces para coñecer mellor  a vida e obra do Homenaxeado neste 2022 no día das Letras Galegas Florencio Delgado Gurriarán.

https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran/biografia

https://www.youtube.com/watch?v=4YkwChe8cYY

Precisamente o vindeiro día 27 deste mes de Maio, Ricardo Gurriarán, historiador e mentor incansable nos últimos meses da obra de Florencio, e fillo de Gonzalo, recibirá unha Homenaxe como Socio de Honra do noso club no acto da presentación do libro “A Creación do Club Peña Trevinca” acto ao que estades todos convidados.