COA MONTAÑA DENDE 1944
__________________
SECCIÓNS
MONTAÑISMO
A pesares de non contar en Galicia, verdadeiramente, con montañas de certa importancia, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia organiza cada mes unha actividade, como mínimo, de fin de semana ou varios días, onde saímos en búsqueda desas montañas de neve e rocha en León, Asturias ou Cantabria.
SENDERISMO
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia leva a cabo unha ou dúas actividades de sendeirismo cada mes. Estas teñen lugar os domingos e, maioritariamente, utilizando sendeiros homologados das catro provincias galegas e do norte de Portugal. Os “trilhos” portugueses, ao percorrer un rural aínda máis habitado e conservado que o galego.
ESCALADA
Unha das modalidades deportivas, dentro do montañismo, que está a ter máis afeccionados nos últimos anos é a escalada. No Club Peña Trevinca tamén está crecendo o número de socios que “fan quedadas” para escalar nas distintas zonas coas que conta a nosa cidade, desprazándose a outros lugares cando a ocasión o permite.
INFANTIL
Dende hai xa varios anos, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia estableceu unha Sección Infantil que vén funcionando regularmente, onde pais e nenos gozan de actividades ao aire libre, realizando rutas de sendeirismo e ascensións en media montaña, nunhas actividades deseñadas e desenvolvidas especificamente para esta sección.


“Nada habría podido suceder si alguien no lo hubiera imaginado”

“Quien siente la montaña no necesita explicaciones y mientras existan paredes, agujas y aristas, habrá quien las escale, disfrutando de lo que hace, aunque no comprenda exactamente el porqué”
INFORMACIÓN DÍA A DÍA NO NOSO BLOG
No corazón de Picos de Europa
E con Picos de Europa no corazón chegamos a Vigo tras pasar catro días fantásticos con base en Posada de Valdeón, no macizo Central, e rodeados de cumes abruptas e impresionantes.
Coa meteoroloxía a favor, agás o primeiro día no último instante para acadar o cume do Pico Gabancea por mor dunha tormenta situada enriba nosa. O que nos obrigou a descender axiña, no medio dun forte ventisqueiro, cando so apenas uns poucos lograran chegar a cima. Desta volta non se cumpriu o dito de que “o que mal empeza mal acaba”, se non mais ben todo o contrario.
No medio dunha paisaxe primaveral chea de luz nos os faiais e rodeados de diferentes tonalidades verdes nos vales, puidemos desenrolar as actividades previstas se ben algunha cume foi restrinxida pola gran cantidade de neve que coroaba os cumes.
Los Moledizos (2297 m) dende Panderruedas pola Canal del Perro, e La Torre del Hoyo Oscuro (2417 m) dende o Puerto de Pandetrave con pernocta no refuxio de Collado Jermoso, foron as actividades máis fortes dos catro días.
Tardaremos en esquecer a travesía dende Pandetrave pola marabillosa Vega de Liordes, con descenso a Cordiñanes pola Canal de Asotín, para chegar de novo a Posada de Valdeón. Fantástica volta.!!!
E tamén tardaremos en esquecer os vinte un quilómetros de postre final entre Posada e Pocebos, pola inigualable Garganta del Cares, obra extraordinaria da Natureza e mais do home que sempre nos deixa abraiados pola súa espectacularidade.
Tivemos de anfitrión ao noso amigo Miguel, da “Depor de Torrelavega”. El, e a súa cámara inseparable, Grazas Miguel, inmortalizaron os mellores momentos que vivimos, e que podemos lembrar premendo AQUÍ.
PRESENTACIÓN LIBRO: A creación do Club Peña Trevinca (Ricardo Gurriarán)
Venres día 27 ás 20:30 h no Local Social
Excelente oportunidade para coñecer da man de Ricardo Gurriarán a historia de como, cando e que persoas traballaron na fundación do Club Peña Trevinca alá por 1944 coas circunstancias sociais daqueles momentos. Unha obra que tamén recolle o material gráfico e documental do exposto na Exposición do 75ª Aniversario.
Ricardo Gurriarán, licenciado en Educación Física pola Universidade Politécnica de Madrid, doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e con dúas ducias de obras publicadas, a última precisamente sobre Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado o pasado día 17 con motivo da Letras Galegas, será quen nos presente esta obra súa sobre o nacemento do noso club. Ricardo recibiu, entre outros, o Premio da Crítica Galicia de investigación en 2007 e o Lois Peña Novo no ano 2015.
Tamén compre lembrar que no pasado 2019, por acordo da Asemblea do club, foi nomeado Socio de Honra do Club Peña Trevinca pero, por mor das circunstancias anómalas e persoais destes dous últimos anos, non puido recibir ata agora a Homenaxe que sí agardamos aconteza neste día da presentación do noso libro.
Tamén recibiran o seu agasallo polos seus 50 e 25 anos de socios no club aquelas persoas que non puideron asistir no mes de marzo a Cea Homenaxe ao Socio e que agora xa nos confirmaron a súa asistencia.
Con este acto, no cal proxectaremos un video histórico realizado en 2019, teremos todos unha gran ocasión para coñecer os primeiros anos do montañismo en Galicia que deron pe á que persoas cun empuxe e determinación exemplar botaran a andar unha entidade deportiva que chegou ata o día de hoxe coa forza e ilusión que todos coñecemos. Convidámosvos a que nos acompañedes, e non faltedes a este acto, para coñecer de moi boa man as nosas raíces montañeiras e sociais.
CONTAMOS CON TODOS VOS.
Resumen 1ª proba da Copa Galega de escalada en Idade Escolar e Campionato Galego de Escalada de Dificultade
O domingo 8 de maio puidemos gozar dunha nova xornada de escalada para todas as idades no Rocódromo de Lugo. As probas comenzaron ás 9 da mañán nas distintas categorías e modalidades. Na 1ª proba da Copa Galega en Idade escolar participaron os nosos socios máis xóvenes Lola Ferreras, Martina Alonso, Elba Fernández, Emma Díaz, Tomás Díaz, Sebastián Franco e Nico de la Torre. Todos tiveron unha magnífica actuación, máis tendo en conta que moitos deles acaban de comenzar a escalar neste ano. Estas probas sérvenlles de adestramento para progresar e mellorar a súa técnica baixo a atenta mirada dunha das súas monitoras, Araceli Vale e, por suposto, compartir momentos fantásticos, tanto escalando como xogando ao fútbol, con escaladores vidos de toda Galicia e Portugal. Destacamos a actuación de Sebastián que quedou ás portas do pase á final e de Lola que conseguíu o pase á final e loitou por acadar as zonas e os tops ata o último momento deixando literalmente a pel en cada presa.
En canto ao Campionato Galego de Dificultade, soamente estaba aberto para as categorías sub18 e absoluta. Aquí podemos dicir que o noso club tivo un éxito absoluto conseguindo o primeiro posto en categoría masculina e feminina en sub18 acadado por Santiago Franco e Natalia Vale respectivamente, e o primeiro posto en categoría absoluta feminina acadado novamente por Araceli Vale. As dúas irmás revalidan o título de campioas galegas. Foi un campionato moi disputado no que, despois dunha final de infarto, tiveron que desempatar recorrendo á fase de clasicación. Estes tres rapaces deixan claro en cada proba que son actualmente os deportistas de FGM máis fortes nas súas respectivas categorías.
Felicidades aos tres polos seus éxitos que serven de exemplo e marcan o camiño aos máis pequenos.
Podedes gozar das fotos e vídeos do evento no seguinte enlace.
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo, e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é mais que unha obra de arte. É a matriz inagotable de Obras de Arte.”
Castelao, Sempre en Galiza.
Este 17 de Maio, día da nosa lingua, está adicado a Florencio Delgado Gurriarán (Corgomo-Valdeorras 1903. California 1987).
Florencio foi avogado, poeta, membro do partido galeguista, exiliado e táboa de salvación de moitos refuxiados do franquismo en México e aliado compañeiro de Castelao. Home vital, humilde e sen pretensións, que viviu cincuenta anos fora da súa Valdeorras natal.
Como outros anos o club quere ser portavoz tamén desta Homenaxe. E máis cando en Valdeorras atopase en boa parte a orixe do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e cando Florencio viña sendo curmá do fundador do noso club o doutor Gonzalo Gurriarán.
Deixámosvos aquí dous enlaces para coñecer mellor a vida e obra do Homenaxeado neste 2022 no día das Letras Galegas Florencio Delgado Gurriarán.
https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran/biografia
https://www.youtube.com/watch?v=4YkwChe8cYY
Precisamente o vindeiro día 27 deste mes de Maio, Ricardo Gurriarán, historiador e mentor incansable nos últimos meses da obra de Florencio, e fillo de Gonzalo, recibirá unha Homenaxe como Socio de Honra do noso club no acto da presentación do libro “A Creación do Club Peña Trevinca” acto ao que estades todos convidados.
Aquis Querquennis




Por terras e ríos de Covelo
Así foi a nosa camiñata do pasado domingo día oito. Tras decidir non acudir a Larouco, como estaba programado, optamos por un precioso percorrido polas fragas de Covelo e, nunha xornada primaveral pero con moita calor, percorremos vellos camiños a carón de rios e aldeas da zona baixa de Fontefría. O noso Vogal de Sendeirismo, o amigo Grova, foi quen de enlazar varios sendeiros balizados e sen balizar para xuntar, en 20 km, os recunchos máis bonitos desta comarca.
Podedes ver as fotos AQUÍ






info@trevinca.es
Rúa Brasil, 46 36204 VIGO
986 420 551 / 660 693 535