Xuvenil

7 Octubre, 2016

ACTIVIDADES DO SEMESTRE

XORNADA DE ESCALADA

Data: 15 de Xaneiro

Lugar: Galiñeiro (Vigo)

RUTA POLO XABRIÑA

Data: 29 de Xaneiro

Lugar: Covelo (Pontevedra)

RUTA POLO RIO PAMBRE

Data: 12 de Febreiro

Lugar: Palas de Rei (Lugo)

escalada
xabrina
pambre

ASTRONOMÍA E MARCHA NOCTURNA

Data: 18 e 19 de Febreiro

Lugar: Observatorio Astronómico (Forcarei)

LAGOA E MOSTEIRO DE SOBRADO

Data: 12 de Marzo

Lugar: Sobrado dos Monxes (A Coruña)

RUTA POLA CONTORNA DO ARNOIA

Data: 26 de Marzo

Lugar: Allariz (Ourense)

astronomia
lagoa
arnoia

ACTIVIDADE A DETERMINAR

Data: do 29 de Abril ao 1 de Maio

Lugar: A determinar

PERCURSO POLA COSTA

Data: 21 de Maio

Lugar: Camariñas-Cabo Vilán (A Coruña)

PERCORRIDO POLO RIO TEA

Data: 4 de Xuño

Lugar: Mondariz (Pontevedra)

neve
costa
tea

CAMPAMENTO DE SAN BERNARDO

Data: 17 e 18 de Xuño

Lugar: A determinar

sanbernardo

Desde hai uns anos un grupo de rapaces e rapazas, procedentes a maior parte deles da Sección Infantil, de arredor dos quince anos, veñen realizando actividades moi diversas pensadas exclusivamente para eles, coas que se están a introducir en novas disciplinas deportivas. A elas xa acoden sós, coa autorización asinada dos seus responsables. Estas saídas adoitan ser anunciadas na circular pero, en ocasións e debido ás peculiaridades do grupo (os calendarios escolares e outras cuestións) poden ser convocados ás mesmas tamén a través doutros medios. O máis frecuente é que acudan con un ou dous monitores do club ou mesmo co apoio doutros técnicos, segundo a actividade a realizar.

  Con frecuencia o club promove, e subvenciona, cursos de escalada, montaña invernal, espeleoloxía e outros, pensados especificamente para este grupo. Loxicamente é obrigatorio estar federado, se ben, a licenza deportiva tamén conta cunha subvención por parte do club de arredor do 50%.

  Pouco a pouco o grupo xuvenil vaise introducindo tamén noutras prácticas deportivas como a espeleoloxía, as travesías de montaña con vivac, campamentos, montaña invernal ou piragua, adaptadas sempre ás necesidades propias desta franxa de idade e levándoas a cabo de forma autónoma. Cando as circunstancias o permiten, o grupo realiza estas prácticas fóra de Galicia, visitando e realizando ascensións en Picos de Europa e Pireneos.

VINDEIRA ACTIVIDADE XUVENIL

GALERIA DE FOTOS