Licenza Federativa

14 Septiembre, 2016

LICENZAS FEDERATIVAS INFANTÍS / XUVENÍS
Lembrade que as LICENZAS FEDERATIVAS para os infantís e xuvenís teñen unha subvención, por parte do club, do 50%.

A FGM publicou a información relativa ás Licenzas Federativas para o ano 2017.

Información na FGM

Por diversas razóns administrativas as solicitudes de Licenzas, asistencia a cursos da EGAM ou actividades federativas, DEBEN XESTIONARSE SEMPRE a través do club, nunca directamente na Federación. Excepcionalmente, por motivos de urxencia, podería facerse unha xestión directa coa FGM pero sempre poñéndoo en coñecemento da administración do club.

Para solicitar a Licenza debedes seguir os pasos:

a) Escoller a MODALIDADE que precisedes para a actividade deportiva que ides a realizar. Ex: B (Consultar táboa de prezos)
b) Facer o ingreso do importe total, NA CONTA DO CLUB. Pedir no Banco que no apartado “Concepto” poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Ex: LICENZA LUÍS GARCIA G.

c) Facernos chegar o Documento de Solicitude cos vosos datos ben cubertos, se pode ser, o mesmo día que facedes o ingreso. Aquí podedes: Descargar impreso de solicitude 

Os ingresos na conta xa os verificamos nós dende o club. Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez recibamos o Documento de Solicitude e teñamos constancia do ingreso. A compañía Aseguradora concertada é MAPFRE.

IMPORTANTISIMO: Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.

NOTA INFANTÍS/ XUVENÍS: Lembrade que estas licenzas están subvencionadas nun 50% polo noso club.