Infantil

12 Julio, 2016

ACTIVIDADES DO SEMESTRE

XORNADA DE ESCALADA

Data: 15 de Xaneiro

Lugar: Galiñeiro (Vigo)

RUTA POLO XABRIÑA

Data: 29 de Xaneiro

Lugar: Covelo (Pontevedra)

RUTA POLO RIO PAMBRE

Data: 12 de Febreiro

Lugar: Palas de Rei (Lugo)

escalada
xabrina
pambre

ASTRONOMÍA E MARCHA NOCTURNA

Data: 18 e 19 de Febreiro

Lugar: Observatorio Astronómico (Forcarei)

LAGOA E MOSTEIRO DE SOBRADO

Data: 12 de Marzo

Lugar: Sobrado dos Monxes (A Coruña)

RUTA POLA CONTORNA DO ARNOIA

Data: 26 de Marzo

Lugar: Allariz (Ourense)

astronomia
lagoa
arnoia

ACTIVIDADE A DETERMINAR

Data: do 29 de Abril ao 1 de Maio

Lugar: A determinar

PERCURSO POLA COSTA

Data: 21 de Maio

Lugar: Camariñas-Cabo Vilán (A Coruña)

PERCORRIDO POLO RIO TEA

Data: 4 de Xuño

Lugar: Mondariz (Pontevedra)

neve
costa
tea

CAMPAMENTO DE SAN BERNARDO

Data: 17 e 18 de Xuño

Lugar: A determinar

sanbernardo
Infantil

Dende hai xa varios anos, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia estableceu unha Sección Infantil que vén funcionando regularmente, onde pais e nenos gozan de actividades ao aire libre, realizando rutas de sendeirismo e ascensións en media montaña, nunhas actividades deseñadas e desenvolvidas especificamente para esta sección.

Cada mes o club leva a cabo dúas actividades que adoitan ser, unha de domingo e outra de fin de semana. Estas actividades, ás que normalmente nos desprazamos en autobús, teñen lugar dentro e fóra de Galicia, visitando con certa frecuencia lugares como O Courel, Trevinca, As Fragas do Eume ou  ben  distintas zonas do rural galego e portugués. En ocasións, tamén nos trasladamos a realizalas a zonas de montaña de León, Picos de Europa etc.

Como para calquera actividade do club, é preciso ser socio, e no caso dos menores tamén é obrigatorio estar federado. O custe da licenza federativa conta cunha importante subvención por parte do club. A posesión desta licenza dá pé a ter cobertura de accidentes e a poder participar en actividades federativas.

A cada actividade o menor debe ir acompañado de, cando menos, unha persoa responsable (nai, pai, titor…) que participará coa actividade do grupo. Deste xeito, pais e nenos  conviven dende o momento de subir ao bus, nun ambiente de aventura e disfrute que os leva a vivir, e compartir, deporte e natureza.

Con certa frecuencia aprovéitanse estas rutas para visitar museos, mosteiros ou calquera outro lugar de interese cultural ou etnográfico, tratando de dar contido e diversidade ás actividades, de xeito que estas proporcionen un valor engadido á formación dos rapaces.

No aspecto puramente deportivo, os nenos poden ir introducíndose no mundo da escalada, fortalecéndose e gañando en aspectos de coñecemento e seguridade. Para poñer en práctica estas capacidades, o club conta cunha instalación de búlder no propio local social.

A importancia e desenvolvemento que desta sección se fai dentro do club,  lévanos a contar con preto de cen rapaces federados. Nenos e nenas que desenvolven estas actividades ao longo de todo o ano.

VINDEIRA ACTIVIDADE INFANTIL

GALERIA DE FOTOS