Faite socio/a

12 Julio, 2016

Para facerte socio de Club Peña Trevinca, non tes máis que descargar o ficheiro chamado Solicitude de Ingreso, cumprimentalo debidamente e envialo a:

Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia
R/ Brasil, 46 Entreplanta. 36204 VIGO (Pontevedra)

Podes envíalo tamén por correo-e: info@trevinca.es

Ou, se o prefires, tamén podes facelo directamente cumplimentando o formulario de abaixo ou ben no noso local, nesa mesma dirección. Convidámoste a que nos visites ou nos chames para que teñas unha información máis completa das actividades e do club. Teléf. 660 69 35 35

Ser socio do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia significa que, ademais de pertencer a un club pioneiro en Galicia na difusión do montañismo e outros deportes relacionados coa montaña e a natureza, tamén disfrutarás doutras vantaxes, como por exemplo:

Poder participar nas actividades de sendeirismo, montañismo, escalada, esquí e outras que organice o club.
Poder obter a licenza federativa con todas as vantaxes que esta leva.
Subvencións de actividades, licenza federativa e cursos da F.G.M.
Uso gratuíto de material de escalada e montaña dispoñible no club.
Posibilidade de uso do noso refuxio de Faro Budiño, e asesoramento para o uso de albergues e refuxios doutros clubs de España.
Acceso á biblioteca e á información de sendeiros de que dispón o club.
Descontos nalgunhas tendas de material de montaña.
Poder participar nos concursos e actividades establecidos polo club, nos que se entregan distintos trofeos e recoñecementos ao completar os mesmos.
Os interesados poden consultar na F.G.M. os distintos tipos de seguro e as coberturas que teñen asociadas, xa que varían segundo a complexidade do risco.

Podes facerte socio se o desexas, cumplimentando o seguinte formulario

Datos Identificativos
Datos Bancarios
Documentacion

Dende aquí pode enviar adxuntos, basta con premer sobre o cartafol azul e seleccionar aqueles que quere enviar, lembre que pode enviar varios anexos, empregando o ficheiro de selección CTRL + selección do ficheiro que quere adxuntar

Aceptación de condicions

Acepto as normas do club, que me son entregadas neste momento, para o meu coñecemento a así mesmo:
AUTORIZO a que sexan cargados os recibos emitidos ao meu cargo polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia para satisfacer as cotas sociais e os gastos por actividades nas que participe, na miña conta do banco:

Aviso Legal

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DO CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA
En cumprimento do establecido na lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA, informa aos seus socios de que cantos datos persoais se lle faciliten serán incluídos nun ficheiro automatizado, creado e mantido baixo a responsabilidade do CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA. A finalidade do devandito ficheiro é poder enviar a nosa circular informativa mensual, na que poden publicitarse ofertas e servizos que poidan resultar de interese aos nosos socios, ademais de facilitar a tramitación das licenzas federativas para aqueles socios que así o requiran, para iso, o socio permite ao CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA que ceda os datos relativos á súa persoa necesarios para a devandita tramitación. O CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA garante a seguridade e confidencialidade dos datos. Deste xeito, comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos e adoptar as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado. Os socios do CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo ben por correo electrónico (info@trevinca.es) ou por escrito ao CLUB PEÑA TREVINCA MONTAÑEIROS DE GALICIA.