Espeleoloxia

7 Octubre, 2016

A Sección Xuvenil vén de promover no ano 2015 a creación dunha Sección de Espeleoloxía, sendo agora mesmo como unha pequena avanzada desta modalidade deportiva dentro do club, e retomando así unha iniciativa que xa se tivera no seu momento, alá polos anos cincuenta.

  Os “practicantes” desta modalidade deportiva teñen a posibilidade de disfrutar de impresionantes formacións xeológicas, podendo admirar estalactitas e estalagmitas, formadas ao longo de milleiros de anos por mor das filtracións nas zonas calizas que, ao atoparse cos minerais contidos nas augas subterráneas, dan orixe, moi lentamente, a estas formacións a través do teito das covas.

  Os nosos xóvenes disfrutan trepando e destrepando, camiñando encrequenados ou arrastrándose polo interior das covas, dirixindo os seus frontais a rincóns impresionantes que unicamente poden contemplar aqueles que practican este deporte.

  Cómpre destacar que a recentemente creada Sección de Espeleoloxía organizou e levou a cabo o XX CAMPAMENTO INFANTIL-XUVENIL GALEGO DE ESPELEOLOXIA do ano 2016.

VINDEIRA ACTIVIDADE ESPELEOLOXÍA

GALERIA DE FOTOS