COA MONTAÑA DENDE 1944

SECCIÓNS

MONTAÑISMO

A pesares de non contar en Galicia, verdadeiramente, con montañas de certa importancia, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia organiza cada mes unha actividade, como mínimo, de fin de semana ou varios días, onde saímos en búsqueda desas montañas de neve e rocha en León, Asturias ou Cantabria.

SENDEIRISMO

O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia leva a cabo unha ou dúas actividades de sendeirismo cada mes. Estas teñen lugar os domingos e, maioritariamente, utilizando sendeiros homologados das catro provincias galegas e do norte de Portugal. Os “trilhos” portugueses, ao percorrer un rural aínda máis habitado e conservado que o galego.

ESCALADA

Unha das modalidades deportivas, dentro do montañismo, que está a ter máis afeccionados nos últimos anos é a escalada. No Club Peña Trevinca tamén está crecendo o número de socios que “fan quedadas” para escalar nas distintas zonas coas que conta a nosa cidade, desprazándose a outros lugares cando a ocasión o permite.

INFANTIL

Dende hai xa varios anos, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia estableceu unha Sección Infantil que vén funcionando regularmente, onde pais e nenos gozan de actividades ao aire libre, realizando rutas de sendeirismo e ascensións en media montaña, nunhas actividades deseñadas e desenvolvidas especificamente para esta sección.

XUVENIL

Desde hai uns anos un grupo de rapaces e rapazas, procedentes a maior parte deles da Sección Infantil, de arredor dos quince anos, veñen realizando actividades moi diversas pensadas exclusivamente para eles, coas que se están a introducir en novas disciplinas deportivas.

ESPELEOLOXIA

A Sección Xuvenil vén de promover no ano 2015 a creación dunha Sección de Espeleoloxía, sendo agora mesmo como unha pequena avanzada desta modalidade deportiva dentro do club, e retomando así unha iniciativa que xa se tivera no seu momento, alá polos anos cincuenta.

CIRCULAR DO MES

MAIS INFORMACIÓN DÍA A DÍA NO NOSO BLOG